ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • XOVES 15/6/2023
    Conversas arredor dunha mesa camilla, un móbil co que gravar e nós a escoitar. Todo a partir da historia do burro que comía os curnuchos do pan.
    A historia da panadeira de Beade que repartía o pan por Valladares. Ademáis escoitaremos aos caminantes: Ultreia!!
    2 hr
  • Mércores 14/06/2023
    Quedamos? Saimos ó monte en bici con Jana. E se sacamos unhas fotos? Pois temos fotógrafa especial, Charo Lopes. E para rematar, outra etapa mais do camiño, que xa case albiscamos a Santiago!
    1 hr 57 min
  • Martes 13/06/2023
    Coñecer o lugar onde vivimos xogando. Esa é unha das ideas de A vila do mañá, especialmente pensada para os cativos. Din que o camiño a Santiago algo ten do taboleiro da oca… mais bitácora. Etapa 5: Pontebora-Cuntis. Ademais, a banda de Guláns celebra o 150 aniversario. A ver que anécdotas nos poden contar destes anos.
    2 hr 1 min
  • Luns 12/06/2023
    De luns. Un libro ‘Esperando o amencer’, da artista peruana Fabiola Anchorena sobre a Amazonía e os grandes incendios. Seguiremos a peregrinar ata Compostela polos camiños vellos. Etapa 4: Os Valos- Pontebora. E ademais, saberemos algo do Porco Celta, que hai 150 explotacións gandeiras en Galicia.
    2 hr 2 min
  • Venres 09/06/2023
    As cartas eran o xeito que tiñamos de comunicarnos cos que emigraban, voluntaria e involuntariamente. Conversas con Samuel Diz e Beatriz Fontán, que andan a buscar aos músicos españois que tiveron que exiliarse despois da República. E con Caseiro, das aventuras e desventuras dun carteiro.
    Ademáis axenda… e seguimos de ruta, podedes facela esta fin de semana. Etapa 3: Prado - Senda da Auga.
    2 hr
  • Xoves 08/06/2023
    Sabedes que o rodaballo fai unha metaformose como as bolboretas? Mellor que nolo explique quen sabe, o investigador do CSIC Pep Rolland. Ademáis falamos con Paula Cons, que desta volta dirixiu unha ficción sonora baseada no bestseller ‘Todo esto te daré’.
    E xa que seguimos a camiñar, conversas de vagar. Etapa 2: Torroña- Prado.
    2 hr
  • Mércores 07/06/2023
    Os mércores falamos de deportes… éste non iba a ser menos. Conversa co Vigo Rugby Club de pasado, presente e futuro do clube. Unha volta pola tradición galega dos xigantes e cabezudos que hoxe empeza a Festa da Coca.
    https://juliomontanes.synology.me/bases/xigantes/index.htm
    E arrincamos a andar polo camiño a Santiago sen asfalto. 1º etapa Camposancos-Torroña
    2 hr
  • Martes 06/06/2023
    A asociación DPG - Docentes de português na Galiza, coñecédela? Se a resposta é non, escoitádenos. Ademáis martes, volta polo patrimonio. As únicas virxes abrideiras de Galicia andan por Allariz e Triacastela. Delas e a súa simboloxía falaremos co guía Diego Lamas. Ademáis, estreamos diario dun camiñante. Sorpresa!
    2 hr 2 min
  • Luns 05/06/2023
    Música e cine para levar mellor o inicio da semana. Coñecemos aos King Kids, unha banda de rapaces de Porriño, que fixeron unha canción para o 'Dígocho eu'. E damos unha volta polo Cine Mary, que nos abriron as súas portas! Seguro que algún da casa aínda lembra ir alí ver pelis de romanos ou de tiros neste cine de barrio de Valladares.
    2 hr 3 min
  • Venres 0/06/2023
    Os venres son así, de corte cultural. Que tal a xuntanza terrible en Donas? No torreiro de Valladares, as festas do Cristo e no auditorio varios grupos de acordeóns.
    2 hr 1 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!