ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Mércores 12/07/2023
    Que sabedes do tiro con arco? Coñecemos esta disciplina deportiva con Jose Alberto Villarroel, tirador no Club Boa Vila e veciño da parroquia. Ademáis, tips para saber convivir coa nosa ansiedade.
    2 hr
  • Martes 11/07/2023
    Que en Vigo hai refuxiados afganos xa o sabiamos… o que non coñeciamos era a súa gastronomía e a súa hospitalidade. Escoitaremos como foi comer con eles. Ademáis, visita ao castro de Pereiras, que andan por alí excavando de novo.
    2 hr
  • Luns 10/07/2023
    Lectura de verán e paseo por Vigo con ‘Da Calzada ao Casco Vello’, de Jorge Lamas. Ademais, cambiámoslle o son ó móbil cos politonos de Boroa, que andan a volta co disco 'O' Clásico Fol'. Tamén coñeceremos outros muiños por Galicia, os de aceite en Quiroga.
    2 hr
  • Venres 07/07/2023
    Música, que chega a fin de semana. Un local con oferta variada e aquí ao ladiño, O Lar das Artes, en Matamá. O resumo da proposta da casa, que remata o Vigosaxforum. E plans en A Guarda, o festival Mar de Blues.
    2 hr
  • Xoves 06/07/2023
    Entre as belezas (e malezas) que se esconden na Ribeira Sacra atopamos o Camiño do Monxe. Andamos por el con Javier Rodríguez Pintos. https://ocaminodomonxe.com/
    Ademais, baixamos ata o regato da Senra, a ver a que xogan os cativos do campamento de verán. E un paseo polo boulevar de Coia, que estiveron de festas.
    2 hr
  • Mércores 05/07/2023
    De bolos celtas falamos con Felipe Piñeiro, xogador no Camos. Cronista oficial dunha vila, oficio desfasado no tempo? Conversa con Anxo Lemos, que lle acaba de tocar selo en Baiona. Ademais, cine mudo cos especialistas en poñerlle banda sonora, Caspervek. Nuns días no xardín botánico da Fundación Sales.
    2 hr
  • Martes 04/07/2023
    Teatro Escoitade estivo onte na Mostra de Teatro de Cangas… e veñen pola radio a contarnos por onde andan 'on tour' este verán. Ademáis, propostas de rutas polo Morrazo coa Illa dos Ratos, e tips para durmir mellor coa psicóloga do Centro Cultural.
    1 hr 59 min
  • Luns 03/07/2023
    Coñecemos a Orquesta de Saxos de Redondela. Ademáis, vai outra conversa de verán, distendida, coa filla da maestra de Vincios nos anos 50. E un libro, ‘O cantar dos músicos errantes’ de Xulio Valcárcel.
    2 hr
  • Venres 30/06/2023
    Rematou o curso e con el as actividades como pintura ou piano… coas súas mestras falamos para facer resumo do ano. E agora… o que chega é o verán e con el os concertos de Castrelos. Que vos parece o programa?
    2 hr
  • Xoves 29/06/2023
    Conversas, que este ano o recunchiño da radio parece ser moi agradable. Volveu Álex González e trouxo compañía, a súa moza china Song… toda unha aventura coñecer como ve ela Galicia.
    2 hr 1 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!