ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Xoves 10/08/2023
    Conversa, de vagar, con Iris e Leydi, dúas rapazas cegas, sobre o seu día a día e como cambiou dende que chegaron ás súas vidas candsúa cadela lazarillo.
    2 hr 1 min
  • Mércores 09/08/2023
    Aí o vai, un mércores ben deportivo. Fútbol na parroquia… no campo da Gándara e o no pavillón. Carreiras polo monte con Naza Tilve e as Asaltamontes por Monteferro. E China viu ata nós este verán e, agora, ‘estreamos’ delegación no extranxeiro con Loreto Pérez, xuiza estes días no mundial universitario de atletismo.
    2 hr
  • Martes 08/08/2023
    Unha volta polo Centro Cultural, que seguen traballando aínda que esteamos en agosto! Conversa coa nova directora do Oceanográfico de Vigo, Rosa I. Figueroa, que ademáis é da parroquia. E coñecemos a Asociación de Campaneiros de Galicia, que estes días tocaron na catedral de Tui.
    2 hr 1 min
  • Luns 07/08/2023
    Conversas interesantes a golpe de luns. Falamos con Rebeca Losada, que expón o seu “Sueño Pop” na Galería Maraca e unhas risas para o final, repasando os 20 anos de retranca de Rei Zentolo.
    2 hr 2 min
  • Venres 04/08/2023
    Viena e as peripecias dun músico da parroquia. Juan Alonso Moreda vai comenzar o cuarto ano indo co saxo ó lombo dende o distrito 16 ata a universidade no distrito 3
    2 hr 2 min
  • Xoves 03/08/2023
    Historias… con historia. Conversa sobre o libro 'O Desencantamento', do antropólog Rafa Quintía sobre a figura das mouras, editado por Miudiño Coop. Ademáis proposta dende o Freaky Film Festival, concurso de cómics! E coñeceremos os resultados dunha investigación sobre como influe que idioma falamos á hora de alugar vivenda.
    2 hr 3 min
  • Mércores 2/8/2023
    Un ‘made in feito na casa’. Interbarrios e libro de San Campio. Que mais se pode pedir?. Sentámonos no torreiro a falar cos veciños. Ah! e a conversa sobre o festival de Música no Claustro, que quedara sen tempo no directo do martes.
    2 hr
  • Martes 1/08/2023
    Entre pedras e pedruscos. De paseo por un muiño aserradeiro en Covelo. E logo imos ata a catedral de Tui. Escenario dunha proposta innovadora durante o IKFEM, a da Fundación Alqvimia Musicae.
    2 hr
  • Luns 31/07/2023
    Turisteando polo Casco Vello. Esquivando ós cruceristas demos cun veciño, Luis de Freixo. Tomamos un viño e contounos batallas dos camiños, peregrinaxes e pateadas varias.
    2 hr
  • Venres 28/07/2023
    Que tal un paseo en barco? Visitamos a goleta Atyla, unha das propostas dentro do festival Iacobus Maris. Ademais na casa, butaca e auditorio para o sábado. Concerto da Banda Insular de la Federación Tinerfeña de Bandas.
    2 hr 1 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!