ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Martes 11/10/2022
    A primeira vez que saimos ó estranxeiro é unha aventura. Escoitamos as peripecias de dous rapaces, que veñen de pasar tres semanas de intercambio en Inglaterra. Ademáis, que sabemos dos pazos galegos? Por aí vai a visitiña ó noso patrimonio coa historiadora Beatriz Liz de Cea.
    2 hr
  • Luns 10/10/2022
    Vai outro especial #lunsoutubro. Andaremos polo campo coñecendo as herbas silvestres con César Lema, debuxando bichiños coa Senda do Moucho e movéndonos co proxecto CUCO.
    2 hr 2 min
  • Venres 07/10/2022
    Ás veces, hai persoaxes tan grandes que precisan un mural tan especial coma éste. A Maria del Carmen Kruckenberg a coñeceu ben a súa biógrafa, Mercedes Queixas. Con ela conversamos un ratiño. Ademáis, outubro parece ser o mes do teatro. Escollemos sala, Ártika, e compañía, Andaravía Teatro, que chega a Valladares con ‘Xacobedra’.
    2 hr
  • Xoves 06/10/2022
    Sóavos o metaverso? Mundo virtual coa xente de Asociacion Galega de Blockchain e IoT. Sobre isto, ven poderían facer unha canción as chicas de A Tajea, que van collendo a vida cotidiana e a cantan con moita retranca.
    Algo mais terrenal, a Festa da Recolleita en Matamá. Falamos con Malaherba Colectivo para saber se xa o millo está listo para a esfolla e o muiño ten auga abondo. Tamén paramos na casa, que venres hai asamblea informativa do no auditorio sobre os polígonos industriais na parroquia, o do Fabás e mais o da Garrida.
    2 hr
  • Mércores 05/10/2022
    Nos deportes quedamos na casa, que falamos de fútbol sala no CVC Valladares. Tamén hai tempo para a ‘Historia de un gato’ da ilustradora Laura Agustí. E como é a festa do cine, unha de palomitas no campionato mundial de lanzamento delas do Centro Comercial Travesía.
    2 hr
  • Martes 04/10/2022
    Tertulia divertida coa xente de Engra, punk rock made in Vigo. Ademais, unha voltiña polo Museo de Pontevedra para coñecer as fotografías de Ruth Matilda Anderson na súas viaxes a Galicia entre os anos 1924 e 1926 e os traxes reproducidos para a ocasión pola Asociación Etnográfica Sete Espadelas.
    2 hr
  • Luns 03/10/2022
    Comezamos os luns de outubro tirando de arquivo. Imos escoitar un especial sobre as traídas de augas en Valladares e mais da construcción da rede de saneamento nas parroquias.
    2 hr
  • Venres 30/09/2022
    Hoxe é a G-Night, Noite Europea das Persoas Investigadoras, e para celebralo hai unha chea de actividades, entre elas obradoiros organizados polo IEO Vigo - Investigación Marina y Divulgación en colaboración coa UVigo. Un deles vai sobre o arco da vella que podemos atopar baixo o mar! Ademáis, imos dar unha volta pola Festa da Sidra de Bembrive e axenda, que este fin de semana hai moitos plans! Na casa, en Valladares, comeza o ciclo de teatro Amador.
    2 hr 2 min
  • Xoves 29/09/2022
    A figura de Concepción Arenal sigue estando vixente, dela falamos con Anna Caballé. Ademáis, coñecemos as propostas de Rara Avis Tocados. E voltamos ao Courel que temos pendente unha conversa con Guillermo Pardavila, un dos músicos habituais do Lembranza.
    2 hr 4 min
  • Mércores 28/09/2022
    Rematou o verán e con el a tempada de traineras. Imos ata Moaña, falar coa xente da S.D. Tiran Pereira, que acadou o ascenso á Liga Euskotren. Ademáis, a Eurocidade Tui-Valença acolle estes días o MUMi - encontro profesional de música de Galiza e Portugal, a ver que nos contan. E visita a radio Cé orquestra pantasma, para presentar o proxecto CUCO, ideado por Anxo Moure.
    2 hr

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!