ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Martes 27/09/2022
    Conversa con Victoria Besada para falar do proxecto Oceánicas, paseo por Salceda, onde a xente da ACDEs Treze Catorze levou a cabo a súa acción no Móllate polos ríos, e unha visita ao castelo de Moeche, que é martes e temos que seguir coñecendo o noso patrimonio!
    2 hr 2 min
  • Luns 26/09/2022
    Os lavadoiros foron durante moitos anos o lugar de encontro. Deles, da historia das mulleres que iban por alí, da súa renovación… diso falamos hoxe. Conversa con Ana Amado, que se achegou a eles dende o eido audiovisual, e con A banda da Loba sobre o seu disco 'Xabón Lagarta'. E tamén unha voltiña polos de Vigo, José fotografiou no seu blog os case 200 que hai.
    2 hr 1 min
  • Venres 23/09/2022
    “No día do seu enterro” é o título do primeiro libro de Cristina Pato… sobre a historia que hai detrás, sobre a súa traxectoria falamos un ratiño. Ademáis, paseamos por Covelo nos camiños que atravesan a ruta Mariana e imos ao Courel, ata o bar Lembranza CB coñecer a súa proposta musical.
    2 hr
  • Xoves 22/09/2022
    Apetecen unhas cigalas? O primeiro paso é pescalas e saber se as hai, que é o que estudiou un equipo do IEO Vigo - Investigación Marina y Divulgación, liderado por Julio Valeiras. Ademáis, falamos coa xente de Inmersia sobre as experiencias que se poden vivir xogando coas gafas de realidade virtual. E tempo para unha conversa con Denis Gómez sobre a película "O home e o can“ na que participa e outra moitas batallas cinéfilas.
    2 hr 1 min
  • Mércores 21/09/2022
    Coñecer os camiños, saber guiar… dun pouco diso vai o Esperta hoxe. Conversamos con Moncho Seoane, copiloto de rally, e escoitamos como lle foi á banda este verán e como se presenta o curso na Escola de Música de Valladares. Todo moi da casa!
    2 hr 1 min
  • Martes 20/09/2022
    Chega a IX Carreira Vigo Contra el Cáncer e imos falar coa organización, das súas expectativas e dos proxectos que van subvencionar. Hai dorsal 0!
    Ademáis, coñecemos á Asociación de Personas Sordas de Vigo, que cumple 50 anos. Dende hai uns anos o concello de Nigrán mercou mochilas vibratorias para que estas persoas desfruten dos concertos e outros espectáculos sonoros. Con eles tamén conversamos
    E como é martes, patrimonio. Suso Vila achéganos ata Tui, á familia Coronel, unha extensa familia conversa xudía.
    2 hr
  • Luns 19/09/2022
    Ás veces, as bibliotecas gardan tesouros á espera de que alguén os atope, como lle sucedeu a Iago Leal cando abriu unha edición do 'Romancero Gitano' de Lorca que estaba na biblioteca do Centro Cultural de Coruxo. E despois conversa, divertida, que chega a Vigo O estrano caso do Dentista da rúa Brasov de Troula.
    2 hr
  • Venres 16/09/2022
    Nos anos 80 o grupo de Teatro Escoitade fixo unha pequena incursión no mundo do cine. Dúas curtas, 'Manoeliño!' e 'Livia', que podemos volver ver este sábado, ás 20:00 no Auditorio. Falamos con Doro Piñeiro e tamén con Antonio Caeiro, que remasterizou as gravacións en Super8. E unha volta polo Sinsal Outono!
    2 hr 1 min
  • Xoves 15/09/2022
    A piques de rematar o verán aínda hai tempo para unha nova cita musical: estréase a Eferro, foliada en Merza. Ademáis, damos unha volta polas propostas do Festival Primavera Do Cine, no que Silvia Fonterosa vai impartir un obradoiro sobre cinema e consumismo. E coñecemos o chiringuito Patapalo na Illa de Arousa.
    2 hr
  • Mércores 14/09/2022
    Imos parar no ximnasio de Valladares, por se vos animades facer unhas tabliñas na sala de musculación, falamos coa monitora Almudena. E se tendes forzas, subimos a unha bici ou se a tendes e non a usades, donadea a asociación Reciclyng. E se xa caístedes mortos, o mellor é unha butaca para desfrutar de Mayumaná, que veñen domingo a Vigo.
    2 hr 1 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!