ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Martes 13/09/2022
    Son galego, son cubano, é o título de proxecto no que anda metido Roi Casal. Un agasallo de Neira Vilas á música galega, un xeito diferente de achegarse á historia da emigración. Ademáis, damos unha volta polas actividades que hai no Centro Veciñal e Cultural neste novo curso. E un pouco de patrimonio, que aínda hai pedras que visitar, as do mosteiro de Sobrado dos Monxes.
    2 hr
  • Luns 12/09/2022
    Da Ribeira Sacra á Costa Oeste dos Estados Unidos. Conversamos con Santiago Bonay Lopez sobre o barallete, o idioma que falaban os cacharreiros e afiadores do Norte ourensán. E preguntámoslle a Aid Alonso a que anda musicalmente (ela é a da Costa Oeste). Tamén hai un ratiño para coñecer a curtametraxe 'A illa no mar' da man do seu creador Alberto Montull, quen foi alumno do Bacharelato de Artes no IES Valadares.
    2 hr
  • Venres 09/09/2022
    Xa chegou o Revoltallo!!! E non sae no libro “Festivales de España”, que ben podía ;) Falamos con David Saavedra, o autor desta guía para percorrer a península seguindo á música.
    Non vos preocupedes, a guía xa vola imos facendo nós repasando o cartel e mais conversamos con O caimán do río Tea, que actúan esta noite. A disfrutar esta finde, revotalleir@s!!!
    2 hr 1 min
  • Xoves 08/09/2022
    Este xoves, teatro por un tubo. Tertulia sobre os 50 anos de Teatro Escoitade e comedia musical no Revoltallo con Marinita y sus Maromas. Ademáis, é 8 de setembro, hai moitas romerías e aquí baixan os santos!
    2 hr
  • Mércores 07/09/2022
    A piques de comezar o curso, charla con estudiantes, imos falar dos intercambios, as viaxes ao extranxeiro… e de todo un pouco. Ademáis, voltamos a Bueu que xa está aquí o FICBueu, e á Ribeira Sacra, coñecer o Cinema Palleiriso.
    2 hr
  • Martes 06/09/2022
    Martes musical. Coñecemos unha das propostas do Revoltalliño, un obradoiro de arpas co luthier David Miguélez. Ademáis, falamos coa xente de Astarot que lanzou disco, Baixo a luz de Breogán. E sumerximonos na ría de Ribadeo, con Miguel San Claudio. Atoparon unha barca de peregrinos do s. XIII.
    2 hr
  • Luns 05/09/2022
    De luns, aproveitamos para falar do 34ª edición do Certame de Poesía do Condado coa xente de Liska. Ademáis comezamos coa previa do Revoltallo, coñecendo a proposta de Sangre de Muérdago. E proposta lectora, “La conjura de la niebla”, de Ángela Banzas.
    2 hr
  • Venres 02/09/2022
    Historias de venres. Un paseo polo museo de Anfaco, a curtametraxe de Oliver Gavín, que recolle a historia e a revolta social que se produciu pola instalación do Alfageme na rotonda do Alcampo e... imos ata Freixo, que sábado é a baixada de carros de bolas!
    2 hr 2 min
  • Xoves 01/09/2022
    Comecemos setembro con bo pé. Coñecemos á nova traballadora social do Centro Cultural. Ademáis, imos ata a Ribeira Sacra onde Alfonso Iglesias, un namorado da súa terra, puxo en marcha Melsacra. E ata nós chegou unha pequena desgustación de mel con avelás... ummmm
    2 hr
  • Mércores 31/08/2022
    E na nosa ronda polos clubes deportivos vigueses desta volta coñecemos ao Traviesas Hockey Club Vigo. Ademáis, achegámonos ó Camping Santa Tecla, que incrementou a súa oferta con novos espacios de aloxamento, como unhas cabañas con vistas ó estuario do Miño. E tamén temos tempo para unha conversa que non perde actualidade, sobre a situación dos ucranianos acollidos en Galicia con Aga-Ucraína.
    2 hr

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!