ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Martes 30/08/2022
    Ás veces chegamos ás entrevistas de rebote, pero son conversas con xente moi, pero que moi interesante, como é o caso de David Russell (Classical Guitarist). Aproveitamos para descubrir patrimonio do outro lado do Miño, o mosteiro San Martín de Tibães, cerca de Braga.
    E resaca de San Campio, que onte estivemos no torreiro.
    2 hr
  • Venres 26/08/2022
    Finde con bo tempo… hai que aproveitalo. Se vos animades a xente de Arrepións ofrece actividades de deporte acuático. Con eles falamos de baixar o tramo do Miño en Arbo facendo rafting. De remate, concerto de música hortera, Alfeizar van estar no Deilán Praia. Os da casa, San Campio é noso!!!
    2 hr
  • Xoves 25/08/2022
    O verán da para moitas actividades. Para aprender música na Academia Compás, para pasar as mañás no campamento de Valladares achegándose ao mundo da robótica coa xente de Logonautas ou para saír ao monte coa Senda do Moucho e co cuaderno de campo para ilustrar bichiños. Elixide!
    2 hr
  • Mércores 24/08/2022
    Aproveitamos o día para ter conversas ben xeitosas, como con Loreto Pérez Román, xuiza de atletismo internacional, que estivo en Colombia hai nada. E coñeceremos a historia de Elnaz Osmani, unha astrónoma afgana, ou máis ben a das iniciativas para poder traela a España a estudiar.
    E como hoxe é a romería do Alba, conexión en directo. A ver se se nos quita o medo!
    2 hr 2 min
  • Martes 23/08/2022
    “Recuérdame por que te quiero” é o título da primeira novela de ficción de Natalia Junquera. Ademáis, imos escoitar que tal foi a festa do socio e damos unha voltiña polo Pazo de Castrelos, un museo descoñecido para a maior parte dos vigueses.
    1 hr 59 min
  • Luns 22/08/2022
    Volta polas citas culturais que houbo e que haberá este verán. Propostas para este días: primeiro irmos ata Tui, que acolle o Ikfem, e unha visita polo Courel, ao Festival dos Eidos. E tamén conversamos co Concello Redondela, que celebrou a fin de semana o entroido de verán.
    2 hr 1 min
  • Venres 19/08/2022
    Música para o fin de semana. De como chegamos ata o grupo Bajo+6 e tamén de como Pablo Carpintero descubriu na súa tese doutoral gaitas medievais que chegaron ata nós.
    1 hr 59 min
  • Xoves 18/08/2022
    Nesta semana seguimos a recuperar historias... e botámonos ó mar coa desta muller, Carmen Gloria Piñeiro, que participou na primeira expedición española á Antártida. E tamén coa do proxecto ScanIV de control de cetáceos e a viaxe de O Piueiro a Pasaia.
    2 hr
  • Mércores 17/08/2022
    Despois desta longa ponte… voltamos, pero imos deixar descansar á xente. Tiramos de arquivo e volvemos escoitar historias de emprendemento: a panadería DaCunha, as patatas Jaly’s, as Vioncas e a sidra de Hera Cider.
    2 hr

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!