ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Venres 15/07/2022
    Coa fin de semana ás portas proposta infantil, co Dúo Vaguedades. Ademáis miramos ao mar, onde están a levar a cabo una nova campaña de estudio da distribución e abundancia de cetáceos nas augas atlánticas de toda Europa. Falamos con Camilo Saavedra, que está a bordo do Ramón Margalef. E axenda!
    2 hr 3 min
  • Xoves 14/07/2022
    Rescatamos historias da casa. Achegámonos á toponimia da parroquia, recuperada nun libro dirixido por Gonzalo Navaza, e falaremos con José Iglesias Ramilo dos inicios da Coral, e dunha figura clave no seu desenvolvemento, Rey Rivero.
    2 hr 2 min
  • Mércores 13/07/2022
    A Copa do Mundo de Triatlón chega a Pontevedra o vindeiro 23 de xullo. A organización está pechando os últimos detalles, pero ten un ratiño para falar con nós. Ademáis, imos ata o Chiringuito Deilán en Vilaboa, cunha historia ben xeitosa. E propostas de rutas para as fins de semana coa xente da Illa dos Ratos.
    2 hr 4 min
  • Martes 12/07/2022
    Alá foi unha nova edición do Festival Atlántica, a grande festa da narración oral en Galicia. Entre os máis de 40 narradores estivo Cris Collazo, falamos con ela da súa experiencia. Ademáis, coñecemos un invento moi práctico, o bolso Siesta. E como nos quedan folgos damos unha volta polos cañóns dun e doutro lado da raia do Miño.
    2 hr 1 min
  • Luns 11/07/2022
    Comezamos a semana cun sorriso ben grande. Paseo coa xente de Volta Montana, a ver que rutas nos ofrecen por Galicia. Ademais, un ratiño de conversa con Olga Brañas, camiño de recoller un premio ardeu o seu coche… e deulle por rir. E sobre os beneficios do humor charlamos con Naco Morán, membro de Paiasos sen fronteiras.
    2 hr 3 min
  • Venres 08/07/2022
    Primeira semana de xullo rematada… e con 150 nenos no campamento do Centro Veciñal e Cultural de Valladares. Tamén falamos de tatuaxes coa xente de Sputnik tattoo e traemos algunha proposta para a fin de semana!
    2 hr
  • Xoves 7/07/2022
    Plan de verán… ou de calquera outra época do ano, imos ata Bueu. Proposta gastronómica peculiar no Noite, tapas e petiscos. Falamos coa xente do SonRías Baixas, que se celebra o primeiro fin de semana de agosto e están ultimando detalles. E unha voltiña por Cabo Udra, da man de Fran Alonso.
    2 hr
  • Mércores 06/07/2022
    Vigo foi porto de saída para a emigración galega, e aínda segue sendo, pero tamén é o lugar no que van recalando os que chegan a Galicia, como o patinador Chevy Guzmán. Tamén traemos a historia de La Fabbrica del Gelato. E un pouquiño de música, con Laura LaMontagne e PicoAmperio.
    2 hr 1 min
  • Martes 05/07/2022
    Comezamos ao revés, primeiro patrimonio, que a xente de Campo Lameiro presentou as actividades deste verán no parque arqueolóxico. E despois unha historia curiosa: falamos co grupo Bajo+6, pero tamén de como chegamos a eles. Música por amor o arte e moi bo rollo.
    2 hr
  • Luns 04/07/2022
    As obras no torreiro… estarán a punto para San Campio? É unha boa pregunta. O certo é que teñen detrás unha longa historia. Ademáis, voltamos ao Vitruvia Café, que organiza un festival de jazz e música clásica na Alameda de Compostela nas noites desta semana. Esta finde estaba repleta de plans, como o Mar de Blues -A Guarda.
    2 hr 1 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!