ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Xoves 16/06/2022
    Segundo día no IES Valadares… e hoxe foi en directo!!! As portas da radio estiveron abertas pasaron profes e estudiantes, contándonos a súa experiencia nesta Semana Cultural. Mañá, máis!
    2 hr 3 min
  • Mércores 15/06/2022
    As cousas do directo. O programa vai gravado, que marchou a luz no @IESValadares. Inda así falamos coa xente do instituto, profesorado, alunmos, poñentes… un pouco de todo. E o noso gran de area para a Semana Cultural, unha conversa con Carmen Piñeiro, investigadora do @IIM_CSIC que participou na primeira expedición española á Antártida.
    2 hr 2 min
  • Martes 14/06/2022
    Imos de museos, pero dos pequeniños e curiosos. Para os lambóns, o do chocolate en Parada do Sil, e para os que disfrutan cheirando, o Museo dos Aromas en Burgos.
    Na volta polo patrimonio descubrimos Barxacova, unha necrópole medieval.
    2 hr
  • Luns 13/06/2022
    Programa variado, que imos de luns.
    En Moaña están a celebrar a súa Comic-Con. Alonxándonos da costa falamos con Agrae Solutions, que estudaron os beneficios do pó sahariano para as colleitas.
    E dámoslle a noraboa a Ailén Kendelman, de A panadaría, Premio María Casares pola música de A Cazola de Lola. Aproveitamos para preguntarlle sobre a acollida da obra "As que limpan", que están representar en Canarias.
    2 hr 2 min
  • Venres 10/06/2022
    As obras do torreiro novo comezaron, por fin. E esta finde hai festa nel, O Cristo das Angustias. E o domingo á tarde recala no auditorio o XVIII Encontro Folclórico. Falaremos coa xente de ACF O Fiadeiro, un dos grupos participantes. Ah, e axenda, que hai moitos plans para a finde!
    2 hr 1 min
  • Xoves 09/06/2022
    Vigo acolle estes días o congreso da Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias, SEMES, e entre as actividades do seu programa destaca un simulacro que van levar a cabo esta tarde no porto de Vigo. Falamos con Óscar Estraviz, o seu coordinador.
    Ademais, xa que andamos no mar a ver que nos contan dende a Asociación Piueiro, que xa volveu o volanteiro e está atracado en A Guarda. E coñeceremos tamén como foi a renovación da xunta directiva do Centro Veciñal e Cultural.
    2 hr
  • Mércores 08/06/2022
    A situación do oso na cordilleira cantábrica está mellorando e a súa presencia en Galicia é cada vez maior, tanto en cantidade como en ubicacións onde podemos atopalo. Falamos coa Fundación Oso Pardo, para que nos conte como vai. E xa que miramos ao leste, imos ata Asturias, onde organizan Una señora fiesta.
    2 hr 2 min
  • Martes 07/06/2022
    E se en lugar de facer o Camiño de Santiago facemos outra rutiña… desta volta percorreremos a Nacional VI, dende o kilómetro 0 en Madrid ata a costa coruñesa. Ademais, imos ata Pontevedra a coñecer o programa do encontro “As mulleres que opinan son perigosas”. E como é martes, patrimonio. Comparacións entre países. En que se diferencian a rexión do Loira (Francia) e a malla do patrimonio rural galego?
    2 hr
  • Luns 06/06/2022
    Así, a golpe de luns, tirámonos á piscina, coa xente de clubnatacion.com. Agora sabemos que os traxes de neoprenoa hai que adaptalos ó corpo. E hai un 'sastre de neoprenos'.
    Ademáis damos, unha voltiña polas alfombras de flores de Ponteareas, que estiveron por Italia nun encontro. E coñecemos os testolos, de ArtesAna Mirou. Unhas macetas con perniñas ben aqueladiñas.
    2 hr
  • Venres 03/06/2022
    Cando todo comenzaba a despegar en Patatas Fritas Jalys, internacionalizando a súa producción, chegou a pandemia… De como afrontaron eses momentos de crise e sairon adiante, conversamos con Pablo o fundador. Tamén coñecemos á xente de Pandarán, en A Lama. E acompañamos o venres cunhas propostas para a fin de semana!
    2 hr

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!