ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Xoves 19/05/2022
    O recunchiño da radio préstase para conversar e ás veces o directo non da para todo. Eso pasou con Denís Carballás e Pablo Vázquez, así que vai a continuación da conversa sobre o libro 'O Son da Cidade'.
    Ademáis subimos á volanteira, un barco tradicional da Guardia, coa Asociación O Piueiro. Vai camiño de Pasaia, no País Vasco, ao encontro de embarcacións tradicionais.
    E proposta para o domingo, VII Andaina polos Montes de Vigo.
    2 hr 2 min
  • Mércores 18/05/2022
    Veña, que desta si que vai, falamos de fútbol, da tempada do CD Valladares. Tamén imos ata Oia para coñecer “Concilium”, a proposta de Realidad Alternativa para desfrutar dun xeito distinto o mosteiro. E como de historia vai a cousa, saberemos algo máis da de Matamá.
    2 hr
  • Luns 16/05/2022
    A Orquesta Clásica de Vigo actúa este martes en Pontevedra… eso non sería noticia de non ser porque o concerto é no Convento de Santa Clara e porque van tocar o órgano que se atopa na súa igrexa. Ademáis, falamos con MJ Perez, que actúa no acto central das Letras Galegas no Centro Veciñal (o martes a partir das 19:00). E escoitamos as historias de como se xestou o repertorio das cantareiras de Valladares (do Alba e Bouzacoba).
    1 hr 59 min
  • Venres 13/05/2022
    Nunha fin de semana chea de actividades e propostas, o domingo pola mañá o San Isidro Labrador marcha de Valladares cara Zamáns. E a xente de Andoa actúa esa tarde ás 19h no Centro Cultural. Sen marchar moi lonxe, en Chandebrito o sábado estarán todo o día coa I Foliada Solidaria da Asociación Galega de Lupus.
    2 hr 1 min
  • Xoves 12/05/2022
    O saneamento das parroquias e a posta en marcha da depuradora marcaron un punto de inflexión na cidade. Como se acadou, canto traballaron dende as asociacións veciñais para deseñar o mellor trazado e as mellores condicións para os veciños.
    2 hr 3 min
  • Mércores 11/05/2022
    A Copa de España de ciclismo chama ás portas. A xente do Club Ciclista Rías Baixas está inmersa na organización da proba deste domingo pero sacaron uns minutiños para contarnos como vai. Falamos de como é facer arte en ferro con Rober de Seoanes. E coñecemos o espectáctulo Inventio da man de Martín Varela, o seu director artístico.
    2 hr
  • Martes 10/05/2022
    Seguimos musicais, achegámonos a Seso Durán, que presenta o seu segundo disco, “Ascensión”. Ademáis coñecemos o proxecto A Morada, un espacio para a muller ós pes do Castro de Vigo. Tamén damos unha volta por Noia, que imos mirar as laudas gremiais que hai na igrexa de Santa María a Nova.
    2 hr
  • Luns 09/05/2022
    Para levar mellor os luns nada como un paseo pola natureza. Falamos con Elisa Gago, xefa do servizo de Conservación da Biodiversidade para coñecer a situación da píllara das dunas e doutras aves da costa galega. Ademáis, damos unha volta polos maios, que o venres estiveron por aquí os nenos da EEI Monte Alba. E algo de música… ou de lectura… bueno, un pouco de todo co libro ‘Son da cidade. O libro da música Viguesa no noso século’.
    2 hr 2 min
  • Venres 06/05/2022
    As Letras Galegas merecen máis que un día, e por eso no Centro Veciñal e Cultural de Valladares organizan un mes completo de actividades. Entre a programación esta fin de semana preséntase a Orquesta Cataventos (para os da casa, son os do grupo de acordeóns).
    Coñecemos a moeda social A Sabia. E nun, aquí te pillo aquí te mato, falamos coa xente de montes do acto conmemorativo polos 25 anos da Mancomunidade que se celebra este sábado.
    2 hr
  • Xoves 05/05/2022
    As gaivotas teñen mala fama… Vicente Piorno, dende o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, vainos axudar a desmontar mitos. Ademais, viaxamos na maleta de Films from Galicia, o cartafol co que Agadic leva ao extranxeiro ás produccións feitas no noso país. E coñecemos o traballo de Miguel Rivas, que dende o seu taller de Cabral elabora instrumentos tradicionais
    2 hr

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!