ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Mércores 20/04/2022
    Dúas historias ben xeitosas: investigadores da UVigo atoparon fósiles de libélulas de fai 145 millóns de anos e a posibilidade de apadriñar colmeas no Rosal coa xente de Mel Niño do Corvo.
    Ademáis, como hai tempo, damos unha voltiña polos arredores do estadio de Balaidos. Un paseiño divertido.
    1 hr 59 min
  • Martes 19/04/2022
    Da terra ao espacio. Este martes falamos da importancia das miñocas coa xente de Amigos da Terra; subimos aos satélites nos que traballa a xente de Alén Space, e recibimos visita no recuncho da radio. Volve a Comuna Nutritiva para conversar sobre a alimentación emocional. E hai tempo para a proposta de patrimonio… un paseíño pola Peneda en Soutomaior.
    2 hr
  • Luns 18/04/2022
    Volta das vacacións… comezamos a mañá tranquilas, dando un paseo por Coia, coñecendo a súa toponimia tradicional con Xulián Martínez, profesor do Álvaro Cunqueiro. Falamos con Manuel Gago, da situación do patrimonio cultural na diáspora, concretamente no Uruguay. E conversamos coa xente de Deleite que no seu apoio á cultura están a producir un disco con versión dos clásicos galegos.
    2 hr 3 min
  • Mércores 13/04/2022
    A piques de comenzar os festivos… imos coñecer que celebra a Igrexa estes días da man de Ángel Bastos, o párroco de Valladares. E un recordatorio para os padriños, hai que mercar a rosca!!! Falamos coa xente de Kopena. E para rematar unha volta polo cine, polas películas clásicas e actuais que tratan da Semana Santa.
    1 hr 50 min
  • Martes 12/04/2022
    Para este martes a proposta é dar unha volta polo monte, así que traémosvos unhas cantas historias. Coñecemos o proxecto Biomasa-AP de aproveitamento dos restos de tala e poda. Da man do investigador Julio Fierro, do CETIM, falamos de LifeReforest, unha ferramenta para recuperar os terreos despois dos incendios. E damos un paseo polo Bosque da Lingua nos montes de Couso.
    1 hr 33 min
  • Luns 11/04/2022
    Estes días vamos de especiais. Damos unha volta pola tradición… e a modernidade. Coñecemos á xente de Silvereira e as súas xoias de madeira. Jorge Álvarez saltou á palestra por vestir ás Tanxugueiras, agora presenta unha colección na Mostra do encaixe de Camariñas. E imos ata Redondela, ao furancho Cadaval.
    1 hr 45 min
  • Venres 08/04/2022
    O Play Doc arrinca xa. Aínda que o festival como tal desenvolverase en maio xa están realizando accións paralelas como un obradoiro de cine comunitario impartido por Eloy Domínguez Serén, recientemente premiado con la Biznaga de Plata al mejor cortometraje en la pasada edición del Festival de Cine de Málaga.
    E como estamos de fin de semana… coñecemos os queixos da Gandería Quintián e damos unha volta polo parque Nacional das Illas Atlánticas onde as nutrias son un referente do seu bo estado de saúde.
    2 hr
  • Xoves 07/04/2022
    Aínda que esquivemos a nova, a guerra de Ucrania é unha realidade que está a traer a Galicia mulleres e nenos que precisan, ademais de acubillo, apoio psicolóxico. O proxecto Rosalía trata de acompañalos no seu proceso de adaptación.
    E coñecemos o traballo dos afinadores de piano falando con Antonio, o que se encarga do Centro Cultural e outros moitos.
    2 hr 2 min
  • Mércores 06/04/2022
    A I Copa da Asociación do Fútbol Gaélico foi para o Keltoi Vigo, falamos con eles.
    E xa que os pinchamos tódalas semanas, conversamos coa xente de Tor para falar do seu proxecto. Ademáis, coñecemos o proxecto e-pD-WORK, que nos da ferramentas para para reducir o estrés no eido laboral. https://epdwork.org/
    2 hr
  • Martes 05/04/2022
    E de novo, martes de patrimonio! Damos unha volta por Redondela, pola Portela e os portos da man de 'Redondela, mellor con guía'. Unha proposta gastronómica: as Vioncas Bake . E imos ata Maceda coñecer o seu castelo.
    2 hr

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!