ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Mércores 04/05/2022
    Rematada a temporada, analizamos con Cristina Cantero a situación do Celta Baloncesto Femenino. Ademáis, unha ración de risoterapia coa xente de Terbutalina, que saca novo disco. E xa que subimos ata alí, unha baixada rápida nas Carrilanas Esteiro.
    2 hr 1 min
  • Martes 03/05/2022
    Que causa unha marea vermella, que organismos fan que sexa tóxica, que condicións climáticas son as propicias para que esto suceda…? Diso e dalgunha cousa máis falamos con Enrique Nogueira do Instituto Español de Oceanografía de Vigo.
    Ademais, conversamos con Rebeca, da Comuna Nutritiva, sobre a importancia de escoitar ó corpo dos mais cativos cando comenzan as rutinas alimenticias.
    E damos unha volta polo patrimonio… Sada agarda por nós. Paramos na Terraza, un monumento modernista de hai 100 anos.
    2 hr
  • Luns 02/05/2022
    Os luns lévanse mellor con música. Con Pablo Carpintero coñecemos ás investigacións que permitiron confirmar que a gaita de Xan de Campañó ten arredor de 500 anos. Tamén falamos con Brais González da composición que interpretou coa Orquestra Vigo 430, a peli de 1926 'As aventuras do Príncipe Achmed'. E coñecemos que é o lupus coa asociación Lupus Galicia Agal.
    2 hr 1 min
  • Venres 29/04/2022
    Á fin de semana chama ás portas e entre os plans que chegan co bo tempo un que se recupera despois do parón pola pandemia: volve este sábado a Sementeira a Matamá organizada polo Colectivo Malaherba. Ademáis, coñecemos ao grupo de rock progresivo Blue Merrow de Pontevedra. E recomendacións literarias que nos trae o noso amigo Álex: 'Reunión' de Natasha Brown.
    2 hr
  • Xoves 28/04/2022
    Entre 1467 e 1469, nesa época tivo lugar en Galicia a Revolta Irmandiña. Un episodio da historia galega descoñecido, con personaxes tan relevantes como Xoan Branco, a quen nos achega o escritor Fran Zabaleta.
    E de volta á actualidade conversamos con Ana Pérez, presidenta do CVCV.
    Ademais, aproveitamos para facer un paseo polos corredores do Centro Veciñal e Cultural de Valladares visitando a exposición Miscelánea, da man do seu autor, Xermán Son.
    2 hr
  • Mércores 27/04/2022
    O día internacional da danza é o sábado… falamos con Santi Almuiña, da agrupación Amieiras-Ledicias de Valladares.
    Da man de Eva Pérez damos unha volta pola historia da roupa mariñeira que, xunto con Alberte Mozo, está a recuperar. E conversamos con Xan Leira, director dun proxecto cinematográfico sobre os pescadores de Nigrán.
    2 hr 1 min
  • Martes 26/04/2022
    A memoria histórica é un concepto sobre o que aínda estamos a traballar. Falamos con Julio Prada, profesor de historia de Universidade de Vigo sobre iso. Tamén lle damos unha volta dende o teatro, coa obra O Péndulo, de Inversa Teatro. E temos tempo, para coñecer a historia do mosteiro de San Paio de Albeos en Crecente.
    2 hr
  • Luns 25/04/2022
    Adxudicar a cada cidade galega un grupo de música, este foi o xogo no que se meteu o xornalista musical Rodri Míguez… e xa nos conta que escolleu para Vigo.
    Ás portas do Play Doc falamos con Faia, que xunto con Nacho Múñoz e Lar Legido, actuará na xornada inaugural musicando poemas de Zeca Afonso. Ademais, vai recomendación de libros portugueses neste 25 de abril.
    E marchamos ata Lugo onde montaron o Tele-Clube Lugo.
    2 hr 2 min
  • Venres 22/04/2022
    O CantoConto está a chamar ás portas, falamos coas As Maimiñas! Entre as propostas que están por vir tamén hai unha Andaina por Valladares o 30 de abril. Ah, e este sábado organizan un festival en Lavadores. Leni Pérez actúa xunto con Roberto Comesaña. Conversamos sobre o seu proxecto musical. E a axenda, que é venres!
    2 hr 2 min
  • Xoves 21/04/2022
    Deixar de fumar non é doado, pero dende a Unidade de Tabaquismo da USC desenvolveron unha app para axudar e xa teñen os primeiros resultados. Ademais, coñecemos a proposta de voluntariado ambiental interxeracional da Xunta de Galicia. E achegámonos ao porto de Vigo a coñecer este barquiño, o Hidria II.
    2 hr

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!