ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Xoves 02/06/2022
    Proxectos asociativos, que buscan mellorar calidade de vida das persoas, aumentar a súa implicación… Coñecemos a 13 Editora e falamos do proxecto DoBarrio, que trouxo a Vigo a Rosa Silveiro, presidenta do Consello de Desenvolvemento do Barrio Santa Lucía (República Dominicana).
    2 hr
  • Mércores 01/06/2022
    De ben nacido e ser agradecido, por iso o CD Valladares despediu entre aplausos a Bruno e a Cristian, que se retiraron ao remate da tempada. Tamén conversamos co seu adestrador, Martín.
    Ademáis, charlamos con Ángel F. González, que foi nomeado presidente do Consello Asesor Internacional do Cefalópodo. E contamos como é ser membro dun xurado literario, dos premios de literatura xuvenil Merlín.
    2 hr 1 min
  • Martes 31/05/2022
    Martes, museos abertos… imos coñecer que nos propoñen dende o Museo Liste. 'Ancestros tecnolóxicos', dende a pedra de silex, o cuchilo da época, ata os móbiles, que son un 'de todo, gracias' (cámara de fotos, axenda, teléfono...).
    E de paso que ven Rebeda Comuna Nutritiva falar de gordofobia, conversamos co proxecto Outro Conto, que combina a oferta de menús a domicilio para toda a semana e o activismo contra a cultura da dieta.
    1 hr 59 min
  • Luns 30/05/2022
    O mar danos para moitas historias… coñecemos Ertha, que fabrica tablas de surf dende Porto do Molle. E tamén falamos con 13grados, a ver como se presenta o verán para observar os fondos submariños da ría.
    E proposta para estes días que ven chuvia, achegarnos a María Casares, protagonista da novela de Clara Fuertes: “Todas las horas del día”.
    2 hr
  • Venres 27/05/2022
    E outro finde que quedamos pola casa. Maio aínda non rematou así que seguimos con actividades celebrando as Letras Galegas. Hai concerto de Hugo Guezeta, pero tamén representación teatral, 'Mamaaá!!', da compañía Fénix Teatro Zamora, que ven invitada polo 50 aniversario do grupo Teatro Escoitade. Ademáis, toca Asemblea Xeral de Socios. Renovación da xunta directiva á vista!
    2 hr
  • Xoves 26/05/2022
    De feira en feira. Así anda a xente de Troula, que está de aniversario. Xa levan 20 anos de traballo! Ademais, falamos con Sito. Veciño de Coruxo que aínda utiliza aos bois no traballo do campo… no seu e no dos que o precisan, como por exemplo na Sementeira de Matamá.
    E tamén sabemos a que anda a xente da banda, que está a traballar na busca de canteira. E monta estes días o espectáculo 'Animalia' para os cativos nalgúns coles da cidade.
    2 hr 1 min
  • Mércores 25/05/2022
    Coñecedes a esgrima? Desta disciplina deportiva imos falar coa xente do clube Esgrima El Olivo de Vigo. Ademais, conversamos coa Panadería Da Cunha que está a recuperar o xeito tradicional de facer o pan… seleccionando os trigos do país, moendo en pedra… E de fariñas, pero de T.molitor, aprenderemos coa xente de Galinsect.
    2 hr
  • Martes 24/05/2022
    O Parque Nacional Illas Atlánticas ademais de ser un entorno natural privilexiado, garda moita historia. Adolfo Fernández, da UVigo, coordina o equipo que está a excavar en Ons.
    Ademais, imos ata Kassel (Alemania), onde se celebra o festival Documenta, un evento de arte contemporáneo. Entre as pezas expostas están unhas corozas que viaxaron dende Valladares!
    2 hr 2 min
  • Luns 23/05/2022
    HISTORIA… así en maiúsculas. Falamos con Santiago Posteguillo que presentou “Roma soy yo”, o seu primeiro achegamento a Julio César. Tamén conversamos con Darío Carrera, sobre como é ensinar esta materia hoxe en día. E seguiremos coñecendo o pasado de Matamá.
    2 hr
  • Venres 20/05/2022
    Ás portas da fin de semana seguimos celebrando as Letras Galegas. E nós, quedamos no Centro Veciñal e Cultural que o sábado acolle unha homenaxe a José Iglesias Ramilo, que foi director da banda e da coral durante os últimos 50 anos. O domingo pola mañá hai andaina polos montes de Vigo arredor do monte Alba e dos Pozos. E pola tarde no auditorio actúan Germán Son e Paco Barreiro, con quen tamén falamos.
    2 hr 3 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!