ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Venres 1/07/2022
    Inda nos quedan cousas por aprender das plantas, César Lema contounos algunha cousiña máis. E xa que no verán baixamos o ritmo, conversa pausada con César, o director da Unión Musical de Valladares. Un repaso pola súa traxectoria, dende os seus inicios na banda ata chegar á dirección. E algo de axenda cultureta.
    2 hr
  • Xoves 30/06/2022
    Sentamos un ratiño na terraza do Vitruvia, coñecer a súa historia, os proxectos nos que andan metidos, as exposicións que acollen… Ademais falamos de viño con Luis Congil, que escribiu da súa historia en Galicia, que se remonta a máis de 2000 anos. E celebramos os 35 anos de Atlántico Diario.
    2 hr 2 min
  • Mércores 29/06/2022
    Veña, que é mércores, e temos deportes. Falaremos de atletismo coa xente do Comesaña Sporting Club. Coñecemos a historia detrás de Hera Cider e imos ata Meder, onde se atopa unha alfareiría tradicional, Alfarería Añón.
    2 hr 1 min
  • Martes 28/06/2022
    O río Barxa, que nun tramo circula paralelo á estrada Clara Campoamor, garda un bo feixe de herbas silvestres. Das comestibles falamos co biólogo César Lema.
    Se preferides un libro e sentarvos a ler, imos ata Libraida, en Gondomar. E agora que estamos no verán, imos facer turismo, que xa os romanos tamén ían de vacacións! E hai un libro ben divertido para coñecer os seus destinos: 'Hotel Roma'.
    2 hr 1 min
  • Luns 27/06/2022
    Volve o verán que todos lembramos! E tamén as festas, como a do Alba, na que xa están a traballar. Ademáis, imos ver como van os campamentos que xa están en marcha coa xente de Inquedanzas. Aprendizaxe, saúde e natureza en Cans e mais en As Pedriñas (Tameiga).
    E logo, un paseo pola N-550. Un grupo de arquitectos revisan o urbanismo dende as súas peculiaridades, o que non lles ensinaron na escola de arquitectura, pero que é o que funciona na vida cotidiana da xente.
    2 hr 1 min
  • Xoves 23/06/2022
    San Xoán!!! Rituais co lume, hainos no inverno pero tamén no verán, explícanolo o antropólogo Rafa Quintiá. Pero as fogueiras… mellor respetando o medio ambiente. E para iso está en marcha o proxecto #sanxoansenlixo. Se preferides o monte, proposta en Freixo, que celebran ao patrón.
    2 hr
  • Mércores 22/06/2022
    Remata o curso… tamén as tempadas deportivas. Falamos de patinaxe con Tamara Valderrama sobre o CLUB Patinaxe Artística Valladares (xoves ás 19:30 fan exhibición no pavillón). Ademáis, achegámonos ata Beade, onde nos espera a plataforma Avibe, Afectados Vial Beade-Vigo. E a piques de chegar ao San Xoán, flores e plantas da man dun experto, Francisco Javier Silva, profesor do Centro de Investigación Forestal de Lourizán.
    2 hr
  • Martes 21/06/2022
    Un paseiño pola Fundación Sales, un recuncho onde escapar do ruido da cidade. Outra opción é ir de museos e, xa que nos gustan os pequeniños, imos ata o Museo Anfaco de la Industria Conservera. E despois… algunha pedra atopamos sobre a que falar, as da Catedral de Ourense.
    2 hr 1 min
  • Luns 20/06/2022
    Tocar un instrumento está moi ben pero, ás veces, toca esperar para entrar nas pezas… iso levou a Isabel Rubio a probar na dirección. A xente de Dance Academy Vigo cóntanos que tal por Alemaña e marchamos cara o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia que están de 20 aniversario.
    2 hr 1 min
  • Venres 17/06/2022
    Último día da nosa visita ao instituto. Hoxe celebraban o I Congreso Interxeneracional de Saúde e abriron as portas, non só a nós. Pola radio volveron profes e alumnos, pero tamén Carlos Spuch, neurocientífico e co-titor no StemBach ou Juan Carlos Rodríguez, presidente de Afaga Alzheimer.
    2 hr

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!