ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Venres 12/08/2022
    Ás portas da máis longa fin de semana do verán… vámonos de festa! O domingo é a festa do socio do Centro Veciñal e Cutural de Valladares. E por Vigo celebran San Roque! Tradición e música da man dos Erdeiros dos Morenos.
    2 hr
  • Xoves 11/08/2022
    Peregrinos vs. picheleiros. Damos unha volta polos albergues, paramos no de Saians para saber cantos e de onde chegan, e rematamos en Compostela. Na rúa de San Pedro a asociación veciñal A Xuntanza colgou o decálogo do 'bo peregrino'.... E xa que estamos, xogamos nas rúas ó pai fillo nai. Hai mais de 200 taboleiros esculpidos na pedra identificados polo O Colectivo A Rula. E tamén coñecemos como se deseñan os Skeirrum na Guardia.
    2 hr 2 min
  • Mércores 10/08/2022
    Mércores, deportes! Veña que coñecemos como se presenta a tempada do primeiro equipo de fútbol CD Valladares, e nada mellor que falar co novo adestrador, Ita. Tamén damos unha volta polas praias co proxecto Centinelas da Costa. Ademáis, coñecemos a proposta musical de Fillas de Cassandra, a piques de lanzar o seu novo traballo.
    2 hr
  • Martes 09/08/2022
    De Lugo a Vincios parando no Casco Vello.
    Montefurado na volta polo patrimonio. Para os amantes da música en directo nos bares falamos coa xente do histórico Pedramola en Vinos. E unha proposta cultural diferente, Vincios Verde Cultural.
    2 hr
  • Luns 08/08/2022
    A improvisación… deso sabe moito Wilson Saliwonczyk, payador arxentino que está percorrendo o país. Pero ás veces tamén nós, xa o sabedes. Ademáis, falamos coa A Fada do Aloia sobre as rutas que están a facer no Parque Natural.
    2 hr
  • Venres 05/08/2022
    Comezamos o finde cun caprichiño dulce, un vasiño dos que fan en Alicia’s Cake. Ademáis falamos de regueifa… mellor dito de payada arxentina, co musicólogo Matías Isolabella. E axenda cultural, que hoxe é a noite branca, son as festas de Matamá e a do xurelo en Chaín.
    2 hr 2 min
  • Xoves 04/08/2022
    Entre as festas do verán destacan as que teñen que ver coa comida… imos ata Burela falar da que lle adican ao bonito. Ademáis, damos unha volta polo mundo dos blogues de viaxes con Dani Keral de Unviajecreativo e coñecemos a proposta de Piano du Lac, que anda estes días por Mondariz e mais o Lago Castiñeiras.
    2 hr 5 min
  • Mércores 03/08/2022
    Xa no directo… entrevista gravada ;) Falamos coa corredora de ultratrails Aroa Sío, que anda adestrando por Francia e hoxe está de viaxe. Ademáis, conversamos con Samuel Diz sobre Música no Claustro, que se está a celebrar na catedral de Tui. E coñecemos o traballo de Creaciones Cascabel, que ideou unha pulseira con símbolos de Vigo.
    2 hr
  • Luns 01/08/2022
    Veña, que hoxe houbo directo. Temos novas… depende dos xornais e depois un repaso polas historias que xa escoitamos sobre o Parque Nacional Illas Atlánticas. Falamos de fauna, de conservación… e das excavacións arqueolóxicas!
    1 hr 53 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!