ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Mércores 26/10/2022
    Benvidos ó deporte da pluma. Un corcho de champán e unhas plumas. Iso son as orixes do badminton. E de como chegou a Vigo e de como está a canteira, conversamos co adestrador do clube Rosalia. Ademáis, traemos algo de cultura urbana. Grafitis e skate made in Donas con Samu Piñeiro.
    2 hr 1 min
  • Martes 25/10/2022
    A pastar! Paramos en Casa Grande de Xanceda. Tamén coñecemos as plantas e flores que inspiraron gran parte da obra de Rosalía de Castro, recollidas agora no 'Herbario de Rosalía'. Conversamos con María López Sández, unha das autores.
    E rematamos falando de ceminterios bonitos en España con Jesús Pozo, director da revista Adiós Cultural, e con Sole, guía no dos Eidos en Redondela.
    2 hr 1 min
  • Luns 24/10/2022
    Este #lunsoutubro ven chulo chulo. Da Ribeira Sacra ao Courel. Palique con ‘oriundos’ sobre o barallete, as colmeas e o mel, o cinema palleiriso. Rematamos nun bar, o Lembranza.
    2 hr
  • Venres 21/10/2022
    Chega o venres... e imos ata Viena conversar con este saxo da banda de Valladares, Juan Alonso Moreda, a ver a que anda por eses lares. Ademáis, teatro. Xa sabedes que este outubro as butacas do auditorio están para iso. Toca farsa con Achádego teatro. E ata a radio achegouse unha sorpresiña. Sara, unha clown peruana que estes días remata tour formativo por Europa. Con ela conversamos sobre o clown hospitalario.
    2 hr
  • Xoves 20/10/2022
    Unha de festa, a verbena da Paloma na Garrida.
    E outra de historia. Zamora contou de 1968 a 1976 coa única prisión do mundo destinada a sacerdotes subversivos. Falamos do documental ‘La cárcel de los curas’ de Zinea.
    2 hr
  • Mércores 19/10/2022
    Hai deportes que son lentos… ou iso parece. Falamos do tai chi con Víctor, o monitor no ximnasio de Valladares. E despois, o ritual continúa no bar. Conversa coas mulleres de pilates. Divertidos divertidos, os concertos de A banda da Balbina. E rematamos falando do Festival de Cine Inclusivo de Vigo.
    2 hr
  • Martes 18/10/2022
    A Batalla de Rande. Así, a golpe de martes imos ir anotando xa plans na axenda da finde. Tamén conversamos co Instituto Jane Goodall en España de como reciclando os nosos móbiles axudamos á selva do Congo. E damos un paseo de outono por Oia para coñecer o seu patrimonio con Amodo Turismo.
    2 hr 1 min
  • Luns 17/10/2022
    Aí o vai, outro #lunsoutubro mais. Ás veces danos pola música. Especial cos libros ‘Son da cidade’ & ‘Festivales de España’ e pócima rockera con Astarot.
    2 hr 2 min
  • Venres 14/10/2022
    Plans para non sair da parroquia. Visita á expo da veciña Rebeca, que aprendeu a pintar coa súa abuela de pequena en Zamáns. Axóuxere Teatro trae sábado ó auditorio ‘Facendo as partixas’.
    Ademáis en Freixo, sábado toodo o día, Festa tiralandras no V aniversario dos lumes. Aproveitamos tamén para falar da cultura do lume coa Pau Costa Foundation.
    2 hr
  • Xoves 13/10/2022
    ‘Houston Houston, temos un problema’, quen non lembra esta frase? Quen nos ía dicir a nós que chegaríamos a falar coa NASA. Conversa coa astrofísica Begoña Vila, que é daquí. E vai proposta de descanso, Glamping do Mar en Baredo. Ademáis, tempo para falar sobre o dano cerebral coa Federación Galega de Dano Cerebral.
    2 hr 2 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!