ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Mércores 22/05/2024
    Mércores, deportes… desta volta petanca, falamos coa Federación Galega para coñecer esta disciplina. Ademáis, conversa coa xente de Adega sobre o Proxecto Ríos. E quedamos na casa, coñecer o traballo que fan cos rapaces nas aulas de apoio.
    2 hr
  • Martes 21/05/2024
    Propostas para un martes de primavera. Ir ata a Asociación de Veciños de Lavadores, que teñen un mercado de productos da casa. Ademáis, cruzamos a ría para coñecer un barco prehistórico, a borna, que xa estaba representado nos petróglifos de Moaña. Falamos coa xente da Illa dos Ratos que nos achegou esta historia.
    2 hr
  • Luns 20/05/2024
    Luns… Conversa sobre o proxecto “Aférrate a la vida” de Alborada de prevención do suicidio. Ademáis falamos con Anxo Pintos que este venres Sondeseu presenta o seu novo directo “Entreterras”.
    2 hr 2 min
  • Xoves 16/05/2024
    Veña, que é “juernes”, e a fin de semana ven cargada de plans! Empezamos polos da casa, e para eso falamos con Pauliña, que vai celebrar no auditorio o día das Letras Galegas. Ademáis, proposta de foliada, conversamos coas anfitrioas, as Cantareiras do Alba. E proposta polo centro, “No todo el pescado está vendido” no Mercado do Calvario.
    1 hr 59 min
  • Mércores 15/05/2024
    Neste Esperta fumos ata Patos, a ver se dende a Prado Surf Escola nos dan unhas clases. Xa que andamos no mar coñeceremos unha nova esponxa que atoparon na ría de Arousa. E seguro que algunha outra historia para o #espertavalladares deste mércores
    2 hr
  • Martes 14/05/2024
    Un pouco de todo para este martes. Falamos co escritor Antonio Royo, que ven de presentar “Último amor con chocolate y otras fabulaciones”. Ademáis, fomos cazar Pokemons, e a piques de celebrar o Día dos Museos coñecimos a colección de cunchas do museo do Mar de A Guarda.
    2 hr
  • Luns 13/05/2024
    Subidas ás táboas dos escenarios. Comezamos a semana conversando con Fran Sieira sobre o espectáculo Ceibe, coa xente de Broken Peach e o seu universo Brokenland nos Salesianos e rematamos co rock molón de Uxía Lambona. Ah! E os maios, que viñeron con el os nenos do Monte Alba ata o centro veciñal.
    2 hr 2 min
  • Venres 10/05/2024
    Vai asomando a finde e van propostas. Falamos do festival ‘Ai ondas’, que sábado trae música do renacemento na igrexa das Trinitarias. Subimos ó Gaiás, para falar ‘botar un baile’ na expo arredor das verbenas e orquestas en Galicia. E logo, paradiña no centro cultural, sábado ven Tarabelos coas ‘Debulendas’ para os cativos. E o domingo, San Isidro labrador cambia de parroquia. Acompañámolo ata Castrelos?
    2 hr
  • Xoves 09/05/2024
    ‘Retratos de bodas, partos e funerais’. Abrimos o #Esperta co poemario de Silvia Penas. Ademais, historias musicais: 'o trío Corvino', a orquesta do café Derby de Vigo. Visita semanal da traballadora social para falarnos da axuda a domicilio na parroquia. E rematamos cunha peli sobre a vida arredor dos aguardenteiros, ‘O auto das ánimas’, de Pablo Lago.
    2 hr 3 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!