ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Venres 30/08/2024
    Vai de remate agosto... Algo de axenda veraniega e o especial #espertavalladares que trae de novo a conversa sobre o espectáculo ‘Hexágomun’ de Troula e a do mel de Maestro Apicultor que producen as abellas pola contorna viguesa.
    2 hr
  • Xoves 29/08/2024
    Xoves e venres estamos de descanso… peeero deixamos no #espertavalladares un par de especiais. No de hoxe andamos polos montes. Escoitaredes falar das vacas cachenas nos de Vincios, da plantación experimental de setas no de Beade e mais do que se está a facer no de Valladares.
    2 hr 1 min
  • Mércores 28/08/2024
    O cheiriño e as cores enchen as rúas de Pontareas cada ano polo Corpus Christi… imos coñecer a inmesa tradición das alfombras de pétalos con Miguel, un dos alfombristas.
    2 hr 3 min
  • Martes 27/08/2024
    Cos restos de San Campio, comezamos o #espertavalladares. E ademáis, conversa con Lara Serodio, veciña de Zamáns e escritora que acaba de publicar a súa 5 novela, ‘La piel infiel’.
    2 hr 1 min
  • Luns de San Campio
    Subimos ó torreiro a facer o directo. Cando comezamos ás 10h estaban inda limpando os de parques e xardíns e cando rematamos empezaba a chegar a xente para a misa e concerto da banda.
    2 hr
  • Venres 23/08/2024
    Chega o vernes e van propostas. De paseo por un xardín histórico vigués e un libro ‘O mercador de Venecia’, a novidade de Lailovento. Ademais… San Campio, é noso!
    2 hr 1 min
  • Xoves 22/08/2024
    Persoas xordas desfrutando dos concertos. Falamos sobre esta experiencia con entresignos.com. Ademais, a noite é necesaria… para que? Slowlight traballa nunha nova cultura da iluminación nas cidades.
    2 hr 2 min
  • Mércores 21/08/2024
    E xa que voltou ó fútbol á vida… quen quere ser árbitro? Diso conversamos coa Real Federación Galega de Fútbol - Futgal. Ademáis, unha voltiña polo campamento de verán. A ver, que lles gusta cociñar e debuxar ós rapaces.
    2 hr
  • Martes 20/08/2024
    Imos coñecer Galicia latente, unha xanela fotográfica (e non solo) do que está a emerxer na cultura galega actual. Conversa co fotógrafo Eduardo de Martís. Ademais, achegámonos ata o Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cotobade. E na volta polo patrimonio quedamos na casa, que imos curiosear polas tallas dos santos.
    1 hr 59 min
  • Luns 19/08/2024
    Comezamos a semana recuperando conversas desta tempada. A folla de ruta da banda de Valladares este ano. E unha exposición sobre carteis das verbenas galegas no Gaiás.
    E como estamos na semana de San Campio, unha voltiña polas 'reliquias' que atopamos nos libros de festas. Hoxe curioseamos no do 91.
    2 hr

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!