ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Venres 27/09/2024
    Os venres vai ‘conversa rescatada’, visita a Las Flores de Greta. Na Évame Oroza, citas para falar de cine, da arte urbana ou da luz. Conversas que coordina María Lado. E quedada para domingo, o 'Móllate polos ríos'.
    2 hr
  • Xoves 26/09/2024
    Volven os cursos... imos coñecer as novidades aquí en Valladares. Ademais, conversamos con Branca Trigo e Deborah Vukusic que van impartir obradoiros no Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo. Tamén falamos co investigador Gianluca Marino, que nos vai contar na G-Night como era o planeta na idade de xeo.
    2 hr 3 min
  • Mércores 25/09/2024
    Hoxe, patinaxe de velocidade con Chevy Guzmán, que ven de gañar o mundial en Rímini. Ademais, conversa con Brais González, sobre a ópera 'Loba Branca', ambientada no Courel. E un libro arredor da comunidade alemá en Vigo. Escoitaremos ó investigador Antonio Giráldez.
    Para rematar, unha de cine, ‘Alien’.
    2 hr
  • Martes 24/09/2024
    A bufanda e os calcetíns gordiños de ‘Maruchi e o gancho’, a prota do conto da ilustradora Laura Cid, vannos facer boa falta para ir ata Antártida a excavar!! Hoxe tamén falamos do patrimonio polar coa arqueóloga Maria Ximena Senatore, do Instituto de Ciencias del Patrimonio (Incipit).
    2 hr
  • Luns 23/09/2024
    Comezamos o #espertavalladares con ‘conversa rescatada’. A de Lobariñas en Cuba a regueifar con Lupe Blanco. Ademais, historias varias paseando estes días polo Revoltallo.
    2 hr
  • Venres 20/09/2024
    Neste venres. Unha conversa rescatada, a da web serie ‘Coia o Caos’. Charlamos con Rafael Bargiela sobre o pasado xudeo en Tui. E unha volta pola axenda desta finde. … a expo dos carteis de bandas de música do estudio londinense We Three Club na Galería Maraca … e o Revoltallo en Valladares!
    2 hr 1 min
  • Xoves 19/09/2024
    Metal, moito metal esta mañá no #espertavalladares. Un adianto da xornada do sábado no Revoltallo coñecendo a Dioivo e Aquelarre. Ademais, a historia do pequeno Cinema Paradiso en Leiro. Falamos con Simone Saibene de como vai indo o documental.
    2 hr
  • Mércores 18/09/2024
    París 2024. De tertulia con xente que andivo nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos. Loreto Pérez Román no Comité de Apelación en atletismo e Eloy, como voluntario.
    E tamén unha de cine, peli francesa ‘A tiempo completo’.
    2 hr 2 min
  • Martes 17/09/2024
    Hoxe conversamos con Dani Blanco, un pouco paiaso da vida. A ver que nos trae o Revoltallo. Tamén falamos sobre o xeito particular de achegarse á fotografía (e de ensinala) de Anton Paz, que este mes anda polo centro cultural de Beade.
    2 hr
  • Luns 16/09/2024
    O #espertavalladares de luns segue a rescatar vellas conversas. A do documental ‘La ciudad de la selva’ e mais a do libro de Luisa Villalta sobre o Hamlet de Cunqueiro. E tamén andivemos de palique coa xente anónima da parroquia. Un popurrí coas mulleres bordadoras, algo dos que levan tatuaxes e cos que andan á vendimia.
    2 hr

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!