ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Venres 5/09/2025
    Imos recordar a conversa coa xente de Árbore Arqueoloxía sobre unha excavación en Fornelos de Montes, onde anda a tumba do mouro Al Malik ou o sartego do general Vilariño… quen sabe nun siitio con tantas lendas!
    E como é venres, percorreremos a axenda… a ver que ideas ociosas atopamos!
    2 hr
  • Xoves 4/09/2025
    A viaxe do #EspertaValladares é ben quentiña… fomos ata Curtidos Efrén a coñecer o universo das peles e coiros. E logo, un paseo polo parque forestal de San Miguel de Oia, onde se vai celebrar esta finde o The Wild Fest. Ademáis, unha voltiña polas actividades deportivas que ofrece o centro veciñal esta tempada.
    2 hr 1 min
  • Mércores 3/09/2025
    Hoxe falaremos da pista de surf skate en Patos. Ademáis, conversa sobre os ‘azucarillos’, como lle chamaban os traballadores da serra de Ramilo ós bloques de pedra antes de transformarlos. Conversa con Ñato, que estivo alí máis de 30 anos.
    2 hr 1 min
  • Martes 2/09/2025
    Hoxe vai o paseo que demos baixando coas carrozas e o ambiente do torreiro na sesión vermú do luns de San Campio. E ademáis, recomendación literaria, 'Ítaca' de María Besteiros e algo de toponimia da parroquia, ‘Cañoto’ e ‘Canizo’.
    2 hr 2 min
  • Luns de San Campio
    Esta mañá imos acompañar ás carrozas baixando ata o torreiro… e o escoitaredes martes. Mentres estamos de palique con uns e outros, deixamos preparado un especial. Outros paseos pola parroquia: no monte coa ‘Guía das esculturas’ e ata o Interbarrios, a finais de xullo. Todo na casa!
    https://hoxe.vigo.org/pdf/medioambiente/guia_esculturas_valadares.pdf
    1 hr 58 min
  • Venres 29/08/2025
    Toca dar unha voltiña pola axenda cultural da finde comezando pola casa... San Campio é noso!!! Ademáis, vai unha conversa desta tempada, a que tivemos co VigoSónico este verán. E moveremos o esquelete a ritmo de Lindy hop cunha das monitoras do campamento de verán.
    2 hr
  • Xoves 28/08/2025
    Colámonos no obradoiro de slow motion dos rapaces do campamento para mirar as aventuras que andan a grabar. E falaremos coa xente do CEMMA, por se os queredes acompañar nalgunha saída para avistar baleas, golfiños e cetáceos varios na costa.
    1 hr 59 min
  • Mércores 27/08/2025
    Vai unha historia de emigración e volta a casa polas festas. Coñeceremos a Delfina Filgueiras Troncoso que naceu na Garrida, marchou a Alemania e ven polo San Campio atoparse coa familia e amistades. Aquí pasa desapercibida... pero en Elche, onde vive actualmente, é moi coñecida. Correu moitas maratóns e hai un sendeiro que leva o seu nome.
    2 hr
  • Martes 26/08/2025
    Que ven sendo unha rondalla? Iso tivo que explicar Alexia, unha veciña de Valladares, a súa compañeira de Ourense mentres estudaba xornalismo en Compostela. E daí saiu o seu TFG, ‘Anatomía dunha rondalla’.
    2 hr 3 min
  • Luns 25/08/2025
    Luns deportivo. A conversa da tempada que traemos é futbolera, futbolera. Falamos do Valladares con Juanote, o seu presi. Tamén do aniversario dos Celtabirras, unha das dúas peñas celtistas que hai na parroquia. E subimos retransmitir o derbi Valladares-Gran Peña, aló polo mes de abril, cando inda estabamos en terceira.
    Para os despistados , xa sabedes que os luns escoitades conversas que foron saindo na primavera e mais no verán.
    1 hr 59 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!