ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Venres 22/08/2025
    Recuperamos unha conversa cultureta da tempada, o paseo polos arredores do Museo do mar. Ademáis, falaremos con Gerardo da Senda do Moucho, que tan ben coñece e guía polas marabillosas reservas deste maremagnum incendiario, para que nos conte do que é un bosque e o seu valor medioambiental. E un chisquirritín de axenda, que chega a finde.
    2 hr 2 min
  • Xoves 21/08/2025
    Subidas a un bólido dos que deseñan no Máster de Automoción da Uvigo, podíamos facer este #EspertaValladares. E baixaríamos ata a Pérgola de Bouzas coñecer historias das mulleres da vila na expo 'Elas. As de Bouzas'. Pero non, quedamos na radio... tooodo dende o 'tenderete'.
    Tamén escoitaremos as recomendacións literarias de Álex. Un par de libros de Cecilia Fernández Santomé, sobre a emigración galega en Cataluña nos 80.
    E coñeceremos porque a zona ‘Lodeiro’ en Valladares lle chamanban así. Agora está o PTL enriba e xa non existe.
    2 hr 1 min
  • Mércores 20/08/2025
    De crews e movementos urbanos vai o #EspertaValladares esta mañá. Falaremos de hip hop con Bea, que adestra en Dance Academy e ademáis, fai mover ós cativos no campamento da cultural en Valladares. Tamén daremos un paseo co grupo USk Vigo dende a escultura de Xulio Verne ata o Sireno, mais ou menos Porque falando das súas quedadas para pintar a cidade, chegamos á Ronda de Don Bosco, onde se atopa o taller de acuarelas Sepia Art Shop.
    2 hr
  • Martes 19/08/2025
    Unha bici convertida nunha blibio itinerante (a de Anxo Moure) ou nun cine sen enchufes pedaleando (a cinecicleta de Isabel e Carmelo, que estivo polo Valmiñor a semana pasada). E xa que falamos de cine… nunha semaniña na Fundación Sales, MU2 con Caspervek.
    2 hr 1 min
  • Luns 18/08/2025
    Vai outra conversa da tempada no #EspertaValladares. A visitiña de Cé Orquesta Pantasma en maio cos seus 'trebellos musicais'. Pasamos o rato a falar de ‘Cantadelas’, a súa particular homenaxe ás veciñas cantareiras.
    2 hr 1 min
  • Xoves 14/08/2025
    Vai un especial coas lembranzas de Castrelos que nos fóstedes enviando nestes meses. Os concertos, as pretempadas, os patos, as fotos de boda, bañarse no río... mil e unha vivencias!
    1 hr 58 min
  • Mércores 13/08/2025
    Conversa con Oliva Román, Estela Estévez e Loreto Pérez Román. Falaremos de adestrar en Castrelos, nas pistas de Balaídos, soñar cos xogos olímpicos… un pouco de todo, que son mooitos anos no atletismo.
    E aproveitamos tamén para pasear polo río e coñecer as cabañas que fan os rapaces do campamento.
    2 hr 1 min
  • Martes 12/08/2025
    No #EspertaValladares recibimos un 'mini máster' na evolución das máquinas de coser en Galicia. Conversa con Maquicoser. Ademáis, chegounos á radio o poemario ‘Acuruxar’, unha palabra de montaña para expresar o abrazo. Falaremos coa súa autora, Inés López.
    Tamén vai recomendación literaria de Álex, ‘Medea me cantó un corrido’ de Dahlia de la Cerda (relatos vida das mulleres en México). E coñeceremos mais nomes de lugares da parroquia, ‘A Garoula’.
    2 hr 3 min
  • Luns 11/08/2025
    Rescantando conversas da tempada, comezamos a semana buscando fresco nas alturas. As rutas de montaña con NachoPequeno neste verán e mais as actividades de orientación polo Galiñeiro dos rapaces do cole Igrexa.
    2 hr 1 min
  • Venres 8/08/2025
    Daquí en diante, os venres traeremos conversa de corte ‘cultureta’ das que fixemos ó longo desta tempada no #EspertaValladares. Mañá, conexión Islandia co poeta de Cangas, Elías Knör. Ademáis, sentámonos á fresca no muíño da Senra a botar un palique sobre os plans para esta finde.
    2 hr 1 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!