ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Venres 19/09/2025
    Revoltallo, cos horarios e todo... para que non vos perdades!
    Falamos co veciño Dani Figueroa, que domingo vai ensinar a 'fuchicar' na súa pedalera e amenizará a sesión vermú. Ademáis, recuperamos unha historieta da tempada, a conversa con Abel, de La Fiesta Escénica, que viaxa polo mundo pero vive encantado en Oia escoitando a chuvia.
    2 hr
  • Xoves 18/09/2025
    Pink Porris, King Kids… e Cinbio. Traducción, plis! Os dous primeiros son grupos musicais emerxentes da terra do granito rosa, Porriño, e veñen ó Revoltallo. O outro, o Centro de Investigación da UVigo, especialistas no nanomundo.
    1 hr 59 min
  • Mércores 17/09/2025
    Damos un paseo polas instalacións deportivas que hai na parroquia: piscina, pavillón, campo da Gándara, das Barrocas... Ademáis, falaremos da rosa narcea, unha variedade que estudian na Misión Biolóxica de Galicia para facer perfumes. E un par de conversas con artistas do Revoltallo, Leni Pérez e Setestrelo Teatro, a xente da ONCE en Vigo.
    2 hr
  • Martes 16/09/2025
    Martes 16/09/2025
    Coñeceremos as propostas para Semana Internacional das linguas, a literatura e a traducción que a UVigo vai espallar pola cidade no que resta de mes. Tamén o cartel do Revoltallo, o festival de música emerxente en Valladares desta finde.
    Ademáis, #EspertaValladares de manta e sofá…
    Voltiña polos libros. Os recomendados por Álex: 'Fármaco' de Almudena Sánchez e 'Atmósfera de bulos' de Isabel Moreno. O que están a ler no club de lectura da biblioteca: ‘Outra Galiza’ de Suso de Toro. E na radio fedellamos no da toponimia, a ver que lugares da parroquia teñen que ver co castaño e mais co cardo.
    2 hr
  • Luns 15/09/2025
    Ides escoitar as conversas que fomos tendo con Rodri trompeta, o paso da Banda Sinfónica Galega pola escola de música unha semaniña na primavera e unha das charlas do Saxforum, a da respiración con Adrián Vilaboa.
    2 hr 3 min
  • Venres 12/09/2025
    Achegámonos á ciencia. Imos recuperar a conversa co grupo LaserOn do CINTECX e mais visitaremos ó CINBIO... ambos no CUVI. Con Juan Puig falaremos do reciclaxe de vidros e con investigadores doutorais das proteinas do coronavirus, entre outas cousas. E plans de lecer, que chega a finde!
    1 hr 54 min
  • Xoves 11/09/2025
    O programa 'Aférrate a la vida' de Alborada ten acubillo neste centro veciñal os luns e mércores. Mar e Inés viñeron contarnos un ratiño, que onte andiveron de celebración no Día da Prevención do Suicidio. Ademáis, tamén traeremos propostas na natureza, +Bosques da Deputación. E as actividades no centro veciñal para este novo curso.
    2 hr
  • Mércores 10/09/2025
    De libros e pelis. Descubriremos rutas pola Galicia xudea no medievo con Gloria de Antonio Rubio. Mais libros, a recomendación semanal de Álex, 'Flores de papel' de Ebbaba Hameida sobre as mulleres no Sahara. Fedellamos nos nomes de lugares da parroquia co da toponimia. Hoxe, ‘O foxo’ e ‘As furnas’. Tamén traemos conversa cinéfila sobre ‘Romería’. A ver que tal. Nos deportes? Comentarios varios sobre o paso da volta ciclista pola zona.
    2 hr 1 min
  • Martes 9/09/2025
    Costa abaixo todos os santos axudan… escoitaredes a baixada dos santos dende a capela do Alba ata a igrexa. E xa que estabamos no monte, fixemos unha escapadiña ó Humor Amarillo. Casualmente, acaban de xogar ó paintball a xente do cátering da volta ciclista, que tiñan día de descanso e andaban por alí arriba.
    2 hr
  • Luns 8/09/2025
    O 8 de setembro hai moitas romerías en Galicia… e en Valladares baixan os santos. Tamén recordaremos a conversa sobre o Erasmus+, o concurso de piano cidade de Vigo e mais a visitiña o súper Rebeca coa profe de xaponés da escola de idiomas.
    2 hr 1 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!