ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Luns 20/10/2025
    Este luns no #EspertaValladares imos dar voltas pola Finca da Marquesa. Lembraremos o concerto de Pelica de Can mentres paseabamos polos xardíns do pazo un verán de 2025... cunha guía botánica do 1982 .
    2 hr
  • Venres 17/10/2025
    Algúns dos plans para o tempo libre esta fin de semana. Ademáis, rescatamos conversas interesantes da tempada, a do mago Marcos Waldemar. E conversamos con Laiño, que expón algúns cuadros feitos con pilot no centro veciñal ata finais de mes. Unha serie adicada ós músicos.
    1 hr 59 min
  • Xoves 16/10/2025
    Conversa de vagar con Bilal Traoré sobre o amplo mundo do contar contos. Tamén recomenda libros escritos por mulleres africanas. E outras historias mais, que a conversa foi longa e deu para descubrir outras aristas de Castelao!
    2 hr 2 min
  • Mércores 15/10/2025
    Moitos eventos deportivos teñen detrás tantos voluntarios. Conversaremos disto coa Asociación Vodea. Ademáis, coñeceremos un proxecto que une literatura, música e cinema para coñecer escritoras italianas en España (dende o século XIX ata hoxe). Comeza esta semana e anda detrás Ladante Vigo.
    2 hr
  • Martes 14/10/2025
    Investigación á rúa dende os hospitais. Sensoxenómica, ou como música pode cambiar o ADN. E Ciencia de Cerca, un catálogo de persoas expertas en saúde e investigación biomédica a disposición de concellos, asociacións…
    Ademáis, os libros que lee Álex ‘Comerás flores’ de Lucía Solla Sobral.
    E algún dos nomes espallados pola parroquia, ‘Canteira’ e ‘Cantóns’.
    2 hr 1 min
  • Luns 13/10/2025
    Que o mundo dixitalizouse xa nos demos de conta Hai colectivos que precisan axuda para facer trámites do día a día ou que lles ensinen a facer un uso crítico dela… A plataforma Red Conecta leva combatindo a brecha dixital 20 anos. Entre as 47 asociacións que a forman, está o centro veciñal de Valladares, que acolleu na primavera a asamblea anual e unha xornada de traballo.
    2 hr 1 min
  • Venres 10/10/2025
    Os venres van culturetas… fisgamos a ver que plans ociosos hai para a finde nas parroquias e pola cidade. E tamén rescatamos algunha conversa, imos escoitar aquela sobre os peixes grandes que entran na ría nos últimos tempos.
    2 hr 3 min
  • Xoves 9/10/2025
    Onte tivemos visitiña dos Robots, os rapaciños de 4 anos da EEI Monte Alba. Viñeron contarnos cousas do outono e da auga, cantaron unha canción e mandan saúdos a familia.
    Ademáis, pan do Porriño. Aproveitamos para falar coa Asociación de Panadeiros do Porriño, que sábado fanlle a festa.
    2 hr
  • Mércores 8/10/2025
    Mércores 8/10/2025
    Hoxe imos de paseo polo río Eifonso con Sergio Portela, guía nos baños de bosque da Deputación de Pontevedra. Ademáis, falaremos do que atoparedes no MARCO se paseades por alí estas tardes. Cine lusófono (a proposta de Abella Produccións) e mais videoxogos (a iniciativa da Fundación Carlos Casares).
    2 hr 1 min
  • Martes 7/10/2025
    Historias… as que recollen os centros de estudios locais. Hai máis de medio centenar en España e o Instituto de Estudios Vigueses fixo de anfitrión nun encontro este setembro. Paseraron pola ría, con parada en San Simón para a foto de familia.
    Ademáis, as recomendacións de libros de Álex. 'Barrios, bloques y basura' e 'Los incorregibles' de Julia Wertz, historietista de New York.
    E nomes de lugares da parroquia: ‘fonte’, que hai poucas ;)
    2 hr 1 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!