ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Venres 31/10/2025
    O bar Pereiró, que ten de todo para facer o directo na terraza... e foi a previa á visitiña ó ceminterio de Pereiró que fixemos no verán. Como estamos no tempo de Defuntos, imos voltar a escoitala hoxe.
    Ademáis… marchamos, que temos que marchar. Rematamos tempada do #EspertaValladares. Os directos han voltar ás ondas da 106.1FM na primavera. Chao
    1 hr 59 min
  • Xoves 30/10/2025
    Ás veces, visítannos na radio e outras, continuamos na terraza Denigrantes Comediantes viñeron contarnos dos ensaios e mais da obra que estrearán na primavera 'Lo que callamos'. Unha boomba!
    2 hr 2 min
  • Mércores 29/10/2025
    Escoitaremos a veciños andaríns que por saúde, ocio… fan a súa propia ruta polos camiños da parroquia. De sustos e túneles do terror tamén falaremos, que chega o Samaín.
    2 hr
  • Martes 28/10/2025
    Música tranquila para amanhã. Os ritmos brasileiros de Vatapá-quinteto. Ademáis, os libros que lee Álex, que desta volta trae un feixe dos que inda ten por ler. E un chisquín de toponimia da parroquia, ‘Cepudo’.
    2 hr 2 min
  • Luns 27/10/2025
    Un luns de cine. Rescatamos algunhas das pelis que fomos fisgando e comentando deste ‘Las pelis que me puto flipan’, o libro de Carlos Durán. 25 obras do cine moderno, dende Kubrick, ‘Odisea en el espacio’ ata hoxe en día.
    2 hr
  • Venres 24/10/2025
    Imos voltar escoitar a historia dos pontevedreses na División Azul, recollida nun libro de Xoán Carlos Abad. E ademáis, propostas de ocio... na casa: a expo cos debuxos de músicos a boli, teatro da casa sábado e domingo homenaxe ó cura Ángel co concerto da banda.
    2 hr 3 min
  • Xoves 23/10/2025
    Falaremos da última obra de Teatro Escoitade, 'A cova das mil mulleres', escrita e dirixida por Doro Piñeiro. Vaise estrear sábado no auditorio de Valladares.
    Ademáis, as idas e vidas polo Atlántico adiante do músico Nando Vilariño seguindo a estela da 'galeguidade'... e das súas abuelas, tamén.
    2 hr
  • Mércores 22/10/2025
    Como lle foi ó campionato de surf adaptado en Patos? E que conclusións sacaron na xornada sobre os grandes incendios e os seus retos nos montes de Pontevedra? As especies incluidas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, como andan? Diso falamos esta mañá con xente que sabe no Esperta.
    2 hr
  • Martes 21/10/2025
    Ata a radio chegaron os esquíos do Monte Alba, os piquirichiños de 3 anos coa profe Elena. E mandan saúdos!!!
    Na Fundación Sales viven unhas árbores dinosaurio e nas visitas escolares os nenos pensan que o dinoseto anda por alí… Falamos dalgunhas das especies deste xardín botánico e tamén da actividade para este sábado arredor das ‘plantas máxicas’.
    Ademáis, recomendacións de libros para entender Palestina, ‘Breve historia del conflicto Israel y Palestina’ de Ilan Pappé e ‘Historias de Gaza’ de Mikel Ayestaran. E algo de toponimia local, ‘Zondal’.
    2 hr

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!