ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Xoves 25/06/2026
    A volta é pola biblioteca-centro de documentación do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Que bo rato pasamos a fuchicar nos libros de arte!
    Ademáis, como vimos do San Xoán... inda hai quen fai o ritual das herbas e as augas de 7 fontes.
    1 hr 32 min
  • Martes 23/06/2026
    San Xoán! Imos falar das herbas nos ramos con algunhas veciñas, das fogueiras... Ademáis, nos festivais das escolas algúns papás anímanse a facer unha obriña de teatro para os fillos. Voltamos ó Monte Alba! E mais fábulas… a da escola teatro Escoitade.
    E xa para rematar conversa de cafetería (nun furancho tamén vale!) con algúns latinos que están a aprender o galego e ucranianos que melloran o castelán.
    1 hr 28 min
  • Venres 19/06/2026
    Vai un Esperta musical total! Falamos coa revista Mondo Sonoro e descubrimos algún grupiño emerxente do noroeste peninsular. E, para 'novos talentos', os Robots do Monte Alba e o trío da banda Martín, Lidia e Valeria co seu bombardino, oboe e clarinete. Viñeron contarnos do ben que o pasaron no mini concerto!
    1 hr 31 min
  • Xoves 18/06/2026
    Paseiño aquí ó ladiño pola horta de Aférrate, o programa de Alborada do coidado da saúde mental na natureza. Pasamos parte do Esperta no invernadoiro, que tamén visitaron os robots de 5 anos, os cativos do Monte Alba.
    1 hr 30 min
  • Mércores 17/06/2026
    Deportes a tutiplén!!
    Conversamos coa selección galega de fútbol gaélico, que xa foron a algúns mundiais e buscan financiación para o vindeiro este verán en Irlanda.
    Ademáis, no club de surf Quenlla de Patos hai un encontro de profesionais de toda Europa que traballa con xente nova con discapacidade. Exploran o surf e as posibilidades do mar como terapia.
    1 hr 28 min
  • Martes 16/06/2026
    Falaremos de ‘Rojo a Babor’, un anaquiño de memorias e anécdotas de como se ilumina na noite o mar. Ademáis, visitaremos a sala da luz no Museo Liste. E coñeceremos o traballo de Beyond Suncare coas persoas albinas en África.
    1 hr 30 min
  • Venres 12/06/2026
    A parroquia ten moita actividade cultural. O mes de maio vai de cheo arredor das Letras Galegas. Conversamos con Enrique Viéitez, que leva esta progamación. Ademáis, visitiña dos Esquíos da escola infantil Monte Alba. E ideas para o tempo libre: audición da banda domingo á tarde no auditorio.
    1 hr 40 min
  • Xoves 11/06/2026
    A paradiña é no alto da Garrida, imos visitar ó centro de día D’Alba. A ver que nos contan, que os vellos teñen moitas historias vividas. Curiosamente, antes alí había un aserradeiro e agora acude o cento de día unha das irmás dos donos, a que lle levaba a comida.
    Ademáis, hoxe agradecemos infinitamente a Gregorio, o presidente de Montes de Valladares, o seu paso pola radio e mais a inmensa actividade na parroquia.
    1 hr 32 min
  • Mércores 10/06/2026
    En Valladares hai un grupiño de xente xogando ó cachibol. Falamos con Pedro, o armadanzas. A escola de cerámica mais antiga de Galicia está en Nigrán e, para remate do curso, celebran a semana da técnica xaponexa rakú. Conversa coa profesora Emilia Guimeráns. Ademáis, coñecemos un roteiro pola cidade que nos comproba a aportación da muller na historia de Vigo ‘Sons de Mulleres’.
    1 hr 31 min
  • Martes 9/06/2026
    Voltamos ás ondas!!! Case coa chegada do verán… e un chisco mais breves. O #EspertaValladares desta tempada dura coma unha peli, 90 minutos. Os nosos primeiros invitados viñeron ata o auditorio hai unha semana. Face2Face fan teatro en inglés para escolares. Ademáis, rutas nocturnas pola contorna, que este sábado houbo camiñantes polos montes de Valladares.
    1 hr 31 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!