ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Xoves 6/08/2026
    Asesoramento coa traballadora social, psicóloga e avogada, ademáis de formación nas novas tecnoloxías. Un equipo no centro veciñal ó dispor das mulleres en situación de vulneravilidade, co que falaremos.
    Tamén viaxaremos ata Cartagena. A Trovalia. Alí coincidiron os improvisadores Lupe Blanco e mais Wilson Saliwonczyk.
    1 hr 30 min
  • Mércores 5/08/2026
    Aventuras de xuventude! Un soña con 13 anos que vai percorrer o río Miño dende o nacemento á desembocadura, lía os amigos, constrúen as canoas e pa’diante. O descenso polo Miño nun abril de 1985… sen teléfonos!
    Corenta anos despois esta experiencia recóllese na exposición itinerante https://orioquenosmove.gal/
    1 hr 33 min
  • Martes 4/08/2026
    Un #EspertaValladares para exploradores! A vida do misioneiro Rosendo Salvado no libro de viaxes ‘El mundo desde abajo’, de Valentín Carrera.
    Ademáis, aclaramos cos axentes ambientais de APRAFOGA destes 'malentendidos' do monte: cando rozar, cortar e coller piñas?
    1 hr 29 min
  • Venres 31/07/2026
    Se vos gusta o son do clarinete escoitade este #EspertaValladares. Imos pasar un bo rato con Miguel, coordinador do curso de verán Vigo Clar Academy, que tivo lugar en Valladares a principios de xullo.
    1 hr 32 min
  • Xoves 30/07/2026
    A vida ó redor dunha estrada. Falamos con Laura, veciña da Garrida, que para o traballo fin de grado de arquitectura creou 3 mapas no tempo arredor da de Valladares. Un de 1957, 1997 e 2024.
    Ademáis, conversa con Os Coribantes de Buchabade, que andan contentos por estar nominados ós premios Rebulir.
    1 hr 30 min
  • Mércores 29/07/2026
    Viaxar ata Angola para abrir vías de escalada. Deste proxecto-documental 'Abriendo caminos' de la Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada no que participaron seis escaladoras españolas, falamos coa galega Bea Gándara.
    Ademáis, tivemos visitiña veraniega dunha familia para coñecer a radio. Como viñan do Morrazo, aproveitamos para falar das praias, os chiringuitos, os turistas... e de balonmán, entre outras historias.
    1 hr 29 min
  • Martes 28/07/2026
    Os canteiros en Galicia hai cen anos para atrás eran uns escultores & artistas fantásticos. Conversa con Julio Fernández Pintos, que fixo un traballo de investigación estupendo do período 1850-1925.
    https://independent.academia.edu/JulioFernandezPintos
    1 hr 33 min
  • Venres 24/07/2026
    De paseo pola zona do Náutico. Imos conversar cunha rapaza que acaba de desembarcar do buque escola Intermares. Compartirá algunhas anécdotas de como é servir na fonda dun barco.
    1 hr 27 min
  • Mércores 22/07/2026
    Torneos futboleiros de verán! A darlle un par de patadas e a pasalo ben!!!
    Imos pasar un rato polo torreiro, sentarnos a comer pipas e disfrutar da pachanga. Todos os días ó cair a tarde, hai un ambiente moi bo. Venres é a final dos rapaces e logo xa comeza o torneo dos veteranos.
    Ah, tamén falamos co gañador do torneo feminino, o 'Bulebule' e con algunhas xogadoras de ‘As do lughar’.... que de fútbol fútbol moito non, pero pasar pásanno xenial!!!
    1 hr 32 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!