ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Martes 25/08/2026
    Andaremos polos montes para que nos conten. Os de Montes de Vigo, das charlas para preparar ás persoas que viven preto dos montes fronte ó risco dos incendios forestais. E os de Montes de Couso, en Gondomar, como é iso de 'plantar auga'.
    1 hr 31 min
  • Venres 21/08/2026
    Paseo pola Finca da Marquesa con Celita Tacones. Esta veciña coñece ben o parque! Tantos anos de barrendera nel... podería escribir un libro coas súas vivencias.
    Ademáis, pinceladas de ocio para a finde.
    1 hr 35 min
  • Xoves 20/08/2026
    Conversa coa comunidade de augas do Carregal-Seixos, para que nos falen dos seus problemas.
    1 hr 32 min
  • Mércores 19/08/2026
    Tertulia variada sobre os deportes que vai probando un sendo neno e, sen decatarse, callan na adolescencia. A historia da baloncestista do Celta Naiara Martínez, que este ano vai estudar cunha beca deportiva a EE.UU. e a de Xandre, que vai dun deporte a outro taekwondo, boxeo, escalada... tamén fútbol. E xa que estamos, fútbol de barrio, o do interbarrios no torreiro, que venres foi a final.
    Ademáis, rutas de verán polo Morrazo coa A Illa dos Ratos, que tamén nos contan algo da historia do quiosco meteorolóxico de Cangas.
    1 hr 30 min
  • Martes 18/08/2026
    Tabú, Metrópolis e O Maquinista da «General».
    Se vos interesa o cine dos anos 20, imos falar destas pelis e da orixinal proposta arredor delas: as xornadas de cinema mudo e música na Fundación Sales.
    https://mu2.caspervek.com/
    Ademáis, un par de historias das mulleres de Bouzas: a de Rosa, a cociñeira no bar Redondela, e a de Cristina, a socióloga. Ambas parte de 'Elas, as de Bouzas', as biografías que se poden ler na pérgola.
    1 hr 31 min
  • Venres 14/08/2026
    De peregrinaxe cos santos!! Sábado toca a subida dende a igrexa á capilla. Así é a romería do Alba. Hoxe no #EspertaValladares volta polos plans festivos, que estamos no San Roque.
    1 hr 31 min
  • Xoves 13/08/2026
    Campamentos de verán. Imos ver como coordinan o do centro veciñal de Valladares.
    E unha voltiña pola arte contemporánea brasileira no centro comercial Plaza Elíptica.
    André Oliveira & Apo'strophe.arte
    1 hr 31 min
  • Mércores 12/08/2026
    Hoxe tocaría deportes... pero non. Deporte xa faredes subindo a calquer cumio para mirar o ceo nese 'instante' de 2 horas!
    Con Xandre e Jose teremos conversa de verán. Unha viaxe musical polas bandas que escoitaban no coche, das primeiras guitarras, dos grupos adolescentes que foron montando... dos bolos, dos discos. Frikis da música no #EspertaValladares.
    1 hr 27 min
  • Martes 11/08/2026
    Descrubrindo música estraña e lugares novos co Sinsal. De como lle foi esta edición fora da Illa de San Simón e, agora que preparan a 25 edición, poden contar ben de anécdotas.
    Ademáis, historias das veciñas de Bouzas. As atopades na pérgola! Conversamos coa xente da Asoc. Cultural Vila de Bouzas para que nos conten como foron recollendo estes anaquiños de vida.
    1 hr 31 min
  • Venres 7/08/2026
    A banda de Beade deu un concerto de verán coa sección de ventos onte no torreiro da súa parroquia, aproveitando que algúns antigos membros escollen voltar á casa nas vacacións. En Valladares no salgueiral, ó lado da piscina e do centro veciñal… estase a preparar a festa do socio para o domingo. Ademáis, ideas para distraerse na finde.
    Así foi o #EspertaValldadares de hoxe.
    1 hr 28 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!