ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Martes 29/09/2026
    #EspertaValladares, pelegrinaxes. Imos conversar co viaxeiro e antropólogo José Tono da súa última viaxe á illa xaponesa de Shikoku e a peregrinación dos 88 templos budistas. Daí sae este libro.
    1 hr 29 min
  • Venres 25/09/2026
    #EspertaValladares en modo distraído. Traeremos un popurrí de plans divertidos para a fin de semana. Por exemplo, o xogo de mesa do Instituto Oceanográfico 'Elementos en juego: la tabla periódica del mar'.
    1 hr 30 min
  • Xoves 24/09/2026
    As raias e tiburóns que andan pola ría as coñece ben o investigador Alexandre Alonso, que vai estar na G-Night este venres.
    Ademáis, imos ver como andan os carballos, salgueiros, loureiros e amieiros da Barroca, en Navia. Na conversa con Lurdes, da plataforma cidadá 'Salvemos a Barroca', descubrimos outras plataformas da cidade que están na mesma onda de preservar os espazos verdes.
    1 hr 31 min
  • Mércores 23/09/2026
    No #EspertaValladares, mundial Pokemon con Marcos Shiny, o único galego na cita deste ano en San Francisco.
    Ademáis, semana das linguas da UVigo cun feixe de actividades pola cidade.
    Mércores 23/09/2026
    1 hr 31 min
  • Martes 22/09/2026
    Andainas terroríficas no #EspertaValladares. Imos saber como foron 'os sustos' desta finde en Fragoselo. Organizouna a comparsa Os imperdibles. E descubrimos, que teñen 'campamento base' para as carrozas do entroido en Valladares.
    Ademáis, Acemelia. Coñeceremos algo do proceso de convertir as sementes de camelia en cosméticos. O laboratorio anda en Coruxo e as camelias, por toda Galicia, norte de Portugal e algo de Asturias.
    1 hr 32 min
  • Venres 18/09/2026
    #EspertaValladares made in feito na casa.
    Revoltallo, dende mañá ata domingo. Conversa coa xente da organización para que nos conten os horarios, grupos... E falaremos con Wöyza e Las Guerreras del K-pop, para saber destes espectáculos especiais!
    Ademáis, moito entretemento na parroquia! Carros de bolas en Freixo, sábado.
    1 hr 32 min
  • Xoves 17/09/2026
    Aquí vai outro petisco do Revoltallo. Para as aves diurnas e con familia: circo, maxia, musical de K-pop...
    E para as nocturnas, escollemos un grupo do feixe que vai soar sábado. Conversa con Antón Piru de STONED AT POMPEII. Rock bo made in Vigo.
    Ademáis, unha volta polo 'Catálogo de bustos de Vigo'. Contamos algo da historia do busto do sr. do sombreiro diante da Casa das Artes. Spoiler: é Laxeiro.
    1 hr 29 min
  • Mércores 16/09/2026
    Houbo un tempo que en Valladares había clube de petanca. E como debe ser un deporte que engancha a quen o proba, algúns da parroquia seguen a xogar pero no campo da Bouza, en Coia. Alí botamos unha tarde falando con uns e con outros.
    Tamén nos 'entretemos' a descubrir historias de vigueses. A do 'Capitán Veneno', que xogou no Celta na primeira metade do s.XX e a de 'Blanquita', ciclista de competición e directivo do mundo velocípedo polos anos 1896.
    1 hr 30 min
  • Martes 15/09/2026
    Esta finde é o Revoltallo. Así que, cada día imos falar dalgunha das actividades. Hoxe, os obradoiros, por se vos queredes anotar. Grandes artesáns e grandes músicos!
    Ademáis, fomos probar cociñas do mundo e ímolo contar.
    Martes 15/09/2026
    1 hr 31 min
  • Venres 11/09/2026
    Imos de visita! Ó xardín botánico da Fundación Sales para coñecer o nenúfar xigante de Vigo, a 'árbore dinosaurio' e conversar na terraza con Patricia, a bióloga, e Elizabeth, a presidenta do patronato, de como lles vai.
    E algo dos plans culturais para a finde, tamén contaremos.
    1 hr 29 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!