ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Xoves 15/09/2026
    O mundo das radios comunitarias. André de Oliveira vive en Vigo agora, pero antes, en Brasil foi director dunha, que pechou co goberno de Lula. E CuacFM en Coruña é todo un referente para as de Galicia. E das anécdotas ó longo dos seus 25 anos cóntanos a súa directora, Paula Alonso. Ademáis, un paso importante en todas elas, é o salto á dixitalización. Diso conversamos con Erasmo, o teleco da Piratona.
    1 hr 32 min
  • Mércores 14/09/2026
    Falamos de aeromodelismo. Desta pasión desfrutan no Clube Furaventos de Pontellas, en Porriño.
    Un dos seus membros, Ivo, marchou no verán ata un mundial en Inglaterra e tivemos unha entretida conversa no seu taller, en San Andrés.
    E os montañeiros de Volta Montana, veñen de percorrer o Miño no roteiro: “Un Río, Dous Países, 10 Experiencias”
    1 hr 33 min
  • Martes 13/09/2026
    Se vos gustan as beiras do río, pode que sexa o voso #EspertaValladares
    Imos percorrer a senda do río Lor con Javier Pintos, que inda que é nativo de Matamá, anda asentado pola Ribeira Sacra.
    Falaremos co ‘Barqueiro dos Ríos’. Anxo Moure leva os coñecementos dos ‘mil ríos’ ás escolas.
    1 hr 29 min
  • Venres 9/10/2026
    VENRES 9/10/2026
    Unha de xogos non convencionais.
    Corvus Belli fabrica miniaturas e crea universos dende Bueu para todo o mundo que queira sentarse xogar á mesa.
    A Pedro Madruga podemos seguilo no videoxogo deseñado por Këndra arredor do seu castelo en Soutomaior.
    E proposta para finais de novembro, xogos de rol nos cines do centro comercial de A Ramallosa, en Nigrán.
    1 hr 31 min
  • Xoves 8/10/2026
    As modistas, unhas artistas cun anaco de retal! Mañá falamos delas. No Museo Liste reservan un espacio a este oficio. Cris Collazo adícalle un espectáculo músico-teatral. Naii, unha costureira de Matamá, charlou con moitas durante anos no seu podcast.
    E en Maceda, Jesús, arregla e colecciona un sinfín de máquinas de coser de moitas partes do mundo.
    1 hr 30 min
  • Mércores 7/10/2026
    Coñeceremos unha súperdeportista que pasa desapercibida ela e mailo deporte que practica. Susana Cordeiro e o taikic. Ademáis damos un paseo moi ameno polas esculturas que hai espalladas en Cangas. E aproveitamos para ‘fuchicar’ no libro de Mercedes Bangueses sobre as de Vigo.
    1 hr 32 min
  • Martes 6/10/2026
    Historias arredor das baleas. Anécdotas da industria baleeira na costa galega con Álex Aguilar, que ven de publicar unha guía moi completa. Ademáis, reconstrucción da nao ballenera, San Juan. E conversa co debuxante Tokio.
    1 hr 34 min
  • Venres 2/10/2026
    Xuntarse nalgún bar da cidade para debuxar. Drink&Draw é a proposta. Algo parecido ós urban skaters, pero mais informal. E teatro para estas findes de outubro no auditorio da man da FEGATEA. E algo de axenda cultureta pola cidade, que andamos á porta da finde!
    1 hr 31 min
  • Xoves 1/10/2026
    Maxia potaxia! Sara, de Magia en la Manga, contános como foi descubrindo a outras mulleres magas ó longo da historia. Ademáis, unha de eventos arredor da paz. Mañá venres no auditorio, dende as 19h as 22h, danzas do mundo.
    1 hr 32 min
  • Mércores 30/09/2026
    Imos ata a piscina para falar coa xente do acuagym. E tamén coñeceremos a historia de Bembrive. Ven de escribila Diego Pérez e xa podemos comprar o libro no kiosko da parroquia
    1 hr 33 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!