ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Martes 21/07/2026
    Visitamos o gabinete científico no Museo do Mar. E deunos por falar do mito das sereas, que na Grecia tiñan forma de ave, para nós de peixe… Casualmente, esta tarde rematan en Valladares o 'Selkie tour' o cuarteto de saxofóns Lítore Quartet. Traen un conto escénico sobre o mito celta das Selkies nas costas de Escocia. Aquí as sereas teñen forma de foca!
    1 hr 29 min
  • Venres 10/07/2026
    Conversa con Gory, o grafiteiro de Gondomar. Un debuxo seu foi cartel do Revoltallo nos seus inicios, a finais dos 90. Ademáis, imos descubrir onde nos pode levar o mundo das piñatas con María Camba, que estivo por Valladares no San Xoán facendo unha con forma de sardiña.
    1 hr 31 min
  • Xoves 9/07/2026
    Falamos da 'enciclopedia' das rondallas, unha recollida antropolóxica de Diego Pérez Davila. Están tooodas!! E sobretodo, moitas fotos vellas onde buscarse. As efímeras, as que case ninguén coñece, as que tiveron majorettes (houbo outra antes que Valladares), as rondallas de cordas en Gondomar...
    1 hr 30 min
  • Mércores 8/07/2026
    Sábado é o Rally das Donas. Imos conversar con dúas veciñas de Beade, que veñen participando nel na última década.
    1 hr 30 min
  • Martes 7/07/2026
    O venres grabamos un programa de radio á antiga!!! Con músicos tocando en directo!! E sintonía propia e todo!! Conduce Judith Montero, saxofonista.
    Os rapaces do Vigosaxforum, case sen enterarse, embarcáronse nun podcast que os levou a coñecer a historia do saxofón.
    1 hr 29 min
  • Venres 3/07/2026
    Coñecemos o proxecto Meleiras do Suído. Entre outras flores, as abellas tamén sacan mel das silvas. Ademáis, viaxe ó reino de Korimel. Falamos coa autora da novela de aventuras ‘El linaje del cormorán’. E algo mais, plans para a finde! No auditorio de Valladares, últimos concertos do VigoSaxforum.
    1 hr 30 min
  • Xoves 2/07/2026
    Quedamos na parroquia! Imos falar coa presidenta do centro veciñal e mais coa traballadora social, a ver como anda Valladares. E tamén coñeceremos un dos programas musicais da Piratona, ‘Sons da ría’.
    1 hr 32 min
  • Mércores 1/07/2026
    Subimos ó campo da Gándara, non para saltar ó céspede... imos falar do traballo dos fisios! Que tamén colaboran co centro de día da Garrida.
    Ademáis, exploraremos coa Orquesta Clásica de Vigo unha das vías polas que a zarzuela chegaba á nosa cidade. E que se pode escoitar hoxe no claustro barroco da Casa da Caridade, un espazo que non se abre habitualmente ó público.
    E aproveitando que comeza a feira do libro, collemos o 'Diccionario de Vigueses' e buscamos a historia de Eugenio Barrientos e a Editorial Cíes, que fundou no 1941 e publicou moitas vaqueradas.
    1 hr 32 min
  • Martes 30/06/2026
    Hoxe conversamos cun veciño do Portal. Anda nos comezos dun proxecto, 'Alma de madeira'. Mesas, lámpadas, utensilios de cociña... de reliquias botánicas!! A segunda vida á madeira resultante das árbores senlleiras que el mesmo poda.
    Ademáis, unha paradiña no monumento ó 'Descanso do peregrino' en Bembrive. A historia está recollida no libro de Mercedes Bangueses sobre monumentos e esculturas en Vigo.
    1 hr 31 min
  • Venres 26/06/2026
    Na Noite Branca os museos pódense visitar ata a medianoite. Imos ver que actividades extra teñen! Ademáis, plans musicais na parroquia para esta finde: entroido de verán, audición de piano e concerto inaugural do Vigosaxforum Tamén ‘pillamos’ de celebración ós alumnos do Sobreira, que se gradúan.
    1 hr 31 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!