ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Luns 6/10/2025
    Os luns traemos ás ondas da 106.1FM unha conversa do verán. Escoitaremos a do ilustrador Ermitis Blanco. A súa historia, a de moitos cubanos…
    2 hr
  • Venres 3/10/2025
    Propostas da casa para a finde... teatro, que xa estamos en outubro! Ademáis de rebuscar na axenda cultural, imos recordar a conversa sobre o anillamento paxaros en Ons. Seica é coma a AP9 para os que emigran cara frío ou a calor
    1 hr 59 min
  • Xoves 2/10/2025
    De paseo polos xardíns que Silvia Rodríguez coida no pazo de La Saleta, en Meis. Moitas vivencias e algunhas anécdotas recólleas no libro ‘En la penumbra de un jardín extraño’.
    Ademáis, imos fisgar nos relatos que andan a ler no clube de lectura de literatura africana, conducido por Carla Figueiras, que estas tardes se xuntan no edificio Redeiras.
    2 hr
  • Mércores 1/10/2025
    Un chapuzón? Imos coñecer a piscina de Valladares e as súas particularidades. Ademáis, falaremos do proxecto Mitolóxicas coa veciña Judit Santos. Tamén algo dos nomes de lugares da parroquia: Caraña, Caracol e Canaval. E a recomendación literaria da semana, a escritora Amelie Nothomb e o seu traductor Sergi Paimes.
    1 hr 57 min
  • Luns 29/09/2025
    Imos comezar a semana descansando. Non estamos polo cuartiño da radio nin polas ondas da 106.1FM ata mércores. Deixámosvos uns minutiños musicais... Mañá e pasado, música sen palabras, instrumental total.
    1 hr 58 min
  • Venres 26/09/2025
    Á noite hai algo de música no Freixo... Alá que imos! Conversa coa xente do Freixo Rock. E tamén, como é a noite europea das persoas investigadoras, a G-Night, recuperaremos a conversa sobre Minimelis, as gominolas multivitamínicas.
    2 hr 1 min
  • Xoves 25/09/2025
    Mundo fungos... pero os de Madagascar, que non nos quedan moi ó lado... ou sí. O biólogo Mauro Rivas ten algúns no laboratorio da universidade de Vigo e danlle para investigar neles case toda a súa carreira.
    E seguiremos a pista ós roteiros literarios que andan polo centro da cidade estas tardes. Unha das actividades da facultade de Filoloxía e Traducción para entender as linguas, a literatura e a súa traducción.
    2 hr 2 min
  • Mércores 24/09/2025
    Os músicos… canto de lesionados andan? Falaremos do esforzo corporal que se precisa ó tocar cada instrumento con Clara Rodríguez, profesora na Facultade de Fisioterapia en Pontevedra. Ademáis, unha voltiña polo universo do Galician Freaky Film Festival… a parte mais internacional, a xente que ven presentar os seus festivais similares en Europa.
    2 hr 2 min
  • Martes 23/09/2025
    Ides escoitar ós actores de Setestrelo Teatro, o grupo de teatro da ONCE de Vigo, a ver porque se meteron nisto de aprender textos e subir ás táboas. Ademáis, libros e nomes de lugares da parroquia, coma todos os martes no #EspertaValladares. Libro, 'Moreno paleta' de Sergio V. Jodar. E topónimos, relacionados co 'castaño' e mais cos 'soutos'.
    2 hr
  • Luns 22/09/2025
    Recuperamos a conversa sobre ‘The Mind Guardian’, un xogo deseñado para maiores de 55 anos que axuda a identificar os primeiros signos invisibles do deterioro cognitivo.
    2 hr 2 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!