O universo dos Bolechas cumple 20 anos. Moitas son as aventuras destes 6 irmáns perrichiños e o seu can Chispa. Comezaron sendo uns contos ilustrados por Pepe Carreiro e agora acompañan a merenda dos cativos na TVG. Alén do Miño, os monecos dos Bolechas falan en portugués na RTP. E seu universo sonoro leva os ritmos de Novedades Carminha, Sés... Conversamos con Teresa Rocamonde, a responsable de comuniciación.
De aventuras infantís pasamos a relatos ambientados no Vigo histórico. Cada edición deste certame, e xa van 6, mais xente se anima a coller lápis e papel e darlle o maxín. E a calidade tamén vai a mais!! Difícil escoller así entre os mellores. Cóntanolo Xabier Romero, da Editorial Elvira.
Outra historia do Vigo histórico a atopamos neste bosque milenario descuberto nas entrañas da rúa Rosalía de Castro. 8mil anos de historia soterrados... nos aneis do tronco destas árbores ancestrais imos ler tamén o noso pasado.