Comeza o ciclo de cine submanrino no Teatro García Barbón. 3 días para viaxar ó fondo dos mares!!! De balde. Que hai? Documentais da BBC, de producción portuguesa, tertulias, homenaxe ó campión de vídeo submarino, o vigués Jorge Candán...
Unha voltiña pola deconstrucción da música tradicional ou fusión ou tranformación... da tradición á vangarda. Un paneo por grupos "raros" do nordés: Baiuca, Marcelo Dobode, Omiri, L-R...
E dámoslle a benvida ó novo podcast que xa se está fabricando e emitindo nas ondas da 106.1FM. Semente Radio, un espazo para reconectar co teu ser. Conversamos coas voces que o conducen, Ana e Sara.