Non é o fin… é o principio!
Traemos desexos da xente e con eles facemos un paneo, ó noso gusto, polo que importa para o ano 2020:
-que amainen as cousas en América Latina
-que o uso do galego saia do estado de sedación
-que rematen os feminicidios e tratar as persoas como persoas
-unha mentira contada mil veces é unha verdade? Reflexionar sobre se o que se escoita é certo
-o espíritu deportivo dos Xogos Olímpicos que faga incrementar as inscripcións en deportes minoritarios.
-e viaxiar moito, inda que sexa saíndo do portal á casa do lado.
Que teñades bo ano!!