As forzas de seguridade buscan ós tres autores dun asalto sen precedentes que provocou o ingreso nun centro hospitalario dunha parella. Foi esta madrugada en meis, na vivenda dunha parella, que sufriu golpes, ameazas cun arma e mesmo foron rociados con gasolina.... Un ataque dunha violencia moi pouco habitual na nosa comunidade...
- O sindicato maioritario do ensino cualifica de propaganda a oferta pública de emprego anunciada pola Xunta
Máis de 1400 prazas de libre acceso que, segundo a CIG, non crean emprego senón que cobren ocos de convocatorias anteriores
- Máis dunha semana sen un dos helicópteros medicalizados do 061 por unha avaría
O vehículo, con base en Santiago, está avariado e a concesionaria non ofreceu un de reposto
- Nace a Asociación Galega en Defensa do Sistema Público de Dependencia e Discapacidade
Defenderá o aumento das axudas á dependencia e máis recursos na atención ás persoas nesta situación
- Pescados Rubén entrará en concurso de acredores a vindeira semana á espera dun comprador para salvar os postos de traballo
Chegou a ser a cuarta empresa máis importante da Mariña en canto a facturación. A empresa alega aumento de gastos e escaseza de peixe
No tempo, día solleiro e seco pero con temperaturas frías sobre todo á primeira hora
Escuchar audio