Mañá ás 15,55 hora española o tudense Frank Casañas debuturá nos Xogos Olímpicos de Río en lanzamento de disco. Será coa proba clasificatoria formando parte do grupo B onde se enfrontará a atletas de Islandia, Hungría, Ucraína, Suiza, Irán, Polonia e Bélxica. Será o sétimo en competir co dorsal 2351. Hoxe en declaración á Radio Municipal de Tui explicaba que está desexando que chegue o momento para saír a dalo todo. Estes son os seus quintos Xogos.
Moita sorte. Estaremos mañá pendente da súa actuación.