O próximo sábado 20 de agosto, a partir das 18.30 horas españolas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, celebrarase o V Trofeo Eurocidade de Balonmán, organizado pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración co Club Balonmán Tui e a Federación Galega de Balonmán. Participarán dous equipos de máxima categoría nacional feminina, o Mecalia Atlético Guardés e a Aula Cultural de Valladolid, así como o equipo Seis do Nadal de Vigo, de segunda nacional feminina.