A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, asinou esta mañá un convenio coas alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e de Mos, Nidia Arévalo, e co alcalde de Salceda, Marcos Besada para actuacións en materia de saneamento nestes tres municipios a través de Augas de Galicia nas que se investirán máis dun millón de euros.
A sinatura tivo lugar na sede do Consorcio do Louro, en Guillarei, contando tamén coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e do presidente de Augas de Galicia.