Esta mañá presentouse o segundo volume da obra musical inédita de Matías García Benayas, o que fora mestre de capela na Catedral de Tui no século XVII. Na presentación deste libro e disco, estiveron presentes os músicos encargados do proxecto, Rafael Antela, Xoan Trillo e Luis Martínez, ademais do bispo da Catedral, Luis Quinteiro Fiuza, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro e o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo.