O máis de sete mil millóns de habitantes do noso planeta falan entre 6.000 e 7.000 linguas diferentes. E namentres que idiomas como o inglés o chinés ou o castelán son faladas por millóns de persoas, outras, en concreto, o 96% dos idiomas soamente o fala o 4% da poboación. Así todo, a Comisión Europea estima que a metade dos habitantes da terra son, dalgún xeito, bilingües.
No noso continente fálanse en torno a 200 linguas diferentes das que soamente 24 son oficiais nas institucións europeas. Poden parecer moito pero de feito é un dos continentes con menor diversidade lingüística. Sesenta linguas en Europa teñen o estatus de lingua minoritaria. Coma é o caso da lingua galega.