Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Máis de 1.000 persoas escolleron Tui como punto de partida para facer o Camiño en outubro, o mellor dato dende 2010
    Tui viviu o mellor mes de outubro con respecto ao numero de peregrinos que saíron da cidade dos últimos 6 anos. En total, 1.022 persoas saíron da nosa cidade para realizar o Camiño de Santiago até Compostela. Xunto con Valença, que foi punto de partida de 572 camiñante, a Eurocidade situase como o cuarto punto de saída mais escollido polos peregrinos, por detrás de Porto, S. Jean P. Port e Sarria, que ocupa a primeira posición.
    Deste xeito, Tui foi punto de partida para 200 persoas máis que fai un ano e 460 máis que en 2013. Nos últimos anos, soamente o Ano Xacobeo de 2010 rexistrou mellores cifras.
    2 min
  • Operativa de novo a zona azul en Tui
    As rúas Augusto González Besada, Foxo, Travesía Foxo, Rosa Bahamonde e Paseo de Calvo Sotelo contan dende hoxe con estacionamento gratuíto limitado no tempo. Os días laborais en horario de 9 a 13h e de 16 a 21h só se poderá estacionar un máximo de hora e media débese colocar o reloxo indicador da hora de chegada O Concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, explicaba as características deste sistema de estacionamento limitado no tempo que afecta a un centenar de prazas.
    3 min
  • Noticias 13:30 - Luns, 31 de outubro de 2016
    Estes son parte dos titulares de hoxe:
    - A peonalización do conxunto histórico de Tui comezarase a aplicar de forma gradual antes de que remate o ano
    - Dende mañá volve a funcionar en Tui a zona azul
    - O domingo celébrase o I Concurso de Pintura "Pinta Tui"
    - Deputación Pontevedra e Fomento pechan un preacordo que garanta o cumprimento do programa dos castros da provincia
    - O Rosal estrea nova sinalización na rota dos Muíños do Folón e Picón
    - Sos Tomiño Baixo Miño estrea nova sede no Rosal
    - O BNG da Guarda aposta por planificar a mobilidade global da Guarda
    - Andatui organiza unha andaina para esta fin de semana
    ...
    33 min
  • A Deputación e Fomento pechan un preacordo que garanta o cumprimento do programa dos castros da provincia
    A Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento veñen de alcanzar un preacordo que permitirá o total desenvolvemento do programa de posta en valor dos castros da provincia e desbloquea a situación dos traballos que se están realizando nos xacementos da provincia. Na nosa comarca, os castros que se beneficiarían deste programa son o de Altos dos Cubos de Tui e A Cabeciña e Oia. A deputación viu traballando nos últimos meses no Trega na Guarda.
    2 min
  • O PEPCH de Tui podería estar aprobado antes de finalizar este ano
    O equipo redactor do Plan Especial do Conxunto Histórico fixo entrega onte no concello do documento definitivo do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico, que agora continuará a tramitación no concello. Precisamente o equipo redactor reuniuse onte co alcalde, a concelleira de Patrimonio, e técnicos municipais para dar explicar o documento entregado e as modificacións realizadas no mesmo, referidas a ampliación de documentación e cuestións técnicas.
    3 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…