Vinte alumnos fórmanse dende hoxe nun obradoiro de emprego no Rosal que permitirá renovar o mercado de San Miguel para crear un mercado de produtos autóctonos.
O alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, asistiu esta mañá á inauguración xunto ao xefe territorial deste departamento en Pontevedra, Ignacio Rial.
O alcalde valoraba a creación de 25 postos de traballo con este obradoiro e que permitirá rehabilitar o mercade de San Miguel, co obxectivo de crear un mercado de produtos autóctonos de calidade.