Este domingo, 2 de outubro, ten lugar a IX limpeza simultánea de ríos do proxecto ríos, un programa de educación e voluntariado ambiental que ten como obxectivo dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais. Buscase tamén amosar as súas problemáticas e fomentar iniciativas que permitan o mantemento e mellora dos ríos coa participación da cidadanía.
Esta novena edición de “Móllate polos ríos”, que se celebra en 44 concellos de toda Galicia, contará coa participación, aquí na nosa comarca, de voluntarios en O Rosal e Tomiño, amais de Salceda de Caselas.