Esta tarde ás 20.30h serán entregados os premios Traxectoria do Comercio Galego 2016 da Federación Galega de Comercio. O acto terá lugar no auditorio da sede de Afundación en Vigo (Policarpo Sanz, 24-26). Entre os 22 galardoados está, en Tui, a Librería Imprenta Valverde en recoñecemento a máis de 50 anos de traballo que se iniciaron en 1961 e que proseguen xa coa segunda xeración.
Na comarca, concretamente na Guarda, o comercio Altamar tamén recibirá o seu premio. Será Idalina Iglesias quen obterá o recoñecemento ao seu traballo detrás do mostrador. Un negocio familiar que comezou en 1947 cos seus pais e no que agora traballa xa a terceira xeración.