Estamos xa na última semana de outubro, coas chuvias e as baixadas de temperaturas é tempo de magostos, de Samaín e de cogomelos. Neste caso temos dous actividades programadas relacionadas con estes fungos. Na nosa comarca contamos con aproximadamente 15 especies diferentes comestibles, polo que é necesario saber diferencialas se queremos ir a por eles ao monte.
En Areas, a Comunidade de Montes, organiza para o vindeiro sábado 12 de novembro un curso que constará de parte teórica, pero tamén de parte práctica. Antes, esta mesma fin de semana a Comunidade de Montes de Figueiró organiza unhas xornada micolóxicas. En concreto, o venres de 20:00 a 21:30 celebrarase unha charla teórica no salón de actos do Centro Cultural de Figueiró. Xa o sábado, de 10:30 a 13:00 sairase ao monte para poñer en práctica os coñecementos.