A actualidade de Tui e do Baixo Miño está nos informativos da Radio Municipal de Tui. Estes son parte dos titulares de hoxe:
- Aprobada inicialmente a ordenanza que regulara as axudas de emerxencia social en Tui
- Entregado no Concello de Tui o documento definitivo do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico.
- Esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro González, xunto co xeneral xefe da Brilat, Luis Cebrian, inaugurou a exposición "Militaria II. Tui e a Brilat".
- 11 detidos dunha banda con base no Baixo Miño nunha operación contra o tráfico de drogas
- Veciños do Conxunto Histórico de Tui acordan realizar un censo
- Diferentes confrarías de San Telmo reuníronse no Porto para estudar unha posible unión
- Fin de semana con música, magostos e samaín en Tui, no Liceo Casino Tui, no Betún, en San Bartolomé, Rebordáns, Pazos de Reis e Areas.
- A Agrupación Musical do Rosal celebra os seus 30 anos este domingo cun concerto moi especial
- Migallas Teatro actúa mañá no Rosal con "Pegadas de Castelao"
- "Menú do día" na programación cultural de Tomiño para esta fin de semana
- O Samaín centra as actividades de Cultura A Guarda desta fin de semana
- C.s. Fuscalho acolle hoxe ao colectivo Harraga
- Hoxe celebrase pleno en Salceda
- Calendario deportivo para esta fin de semana
- A DGT intensifica a vixilancia durante esta ponte