O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e o presidente da Cámara de Caminha, Miguel Alves, veñen de reunirse co ministro de Cultura, Luis de Castro Mendes, para seguir avanzando na candidatura conxunta do estuario do Miño á paisaxe cultural da UNESCO.
Ás oito desta tarde a corporación municipal de Tui reúnese en pleno extraordinario para debatar a aprobación definitiva da taxa do lixo. Recollemos o parecer dos distintos grupos.
O Centro de Visitantes do Parque Natural do Monte Aloia abrirá de forma continuada o longo do ano en 2017. Así o confirmou hoxe o director de conservación deste espazo natural Gonzalo Puerto, explicando que este días ten lugar a adxudicación do concurso da empresa concesionaria que xestionará este servizo, e permitirá volver realizar as visitas guiadas a centros educativos e colectivos. Por outra parte hoxe rematou a vixencia do Plan Rector do Parque Natural do Monte Aloia,, e agora comezará a redacción dun novo plan segundo avanzou Gonzalo Puerto, que podería estar en vigor no verán.
Este mediodía o Salón de Plenos do Concello de Tui acolleou a presentación do calendario solidario da Asociación do Síndrome de Deleción 1p36. O Calendario está xa á venda nas librarías de Tui a un prezo de 5€ e busca fomentar a investigación nesta enfermidade.
A Cabalgata de Reis volverá percorrer este ano as parroquias de Oia segundo confirmou a alcaldesa, Cristina Correa. Sairá o 5 de xaneiro ás 11h. Dende o concello buscan implicar as diferentes asociacións.
Comezaron as obras nas instalacións deportivas Álvarez Durán cun investimento que supera os 200 mil euros para a construción dun muro de pedra de contención e a instalación dun novo céspede artificial.
A actualidade do día en #Noticias1330h con Ángel Vila e Beti Rey.
24 min
About Informativos
From the publisher's feed
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…
presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.