Sete son os tudenses que teñen participado nuns Xogos Olímpicos, o último deles foi o padeeiro Óscar Carrera Amadi en Río 2016. O seu nome figura dende esta mañá na praca situada na rúa Olímpicos Tudenses, a caron do Centro Interferado e dos centros de remo e piragüismo.
Óscar Carrera logrou o diploma olímpico ao ser quinto no K4 1000 metros este verán.
O seu nome súmase aos dos padeeiros Enrique Míguez, bronce en Los Ángeles 84, e Pedro Areal, os remeiros José Ignacio Bugarín, Jacobo Moroño e Jesús González, e ao atleta Frank Casañas.
O concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, acompañou hoxe a familiares de Óscar Carrera, concentrado en Madrid, na recolocación da praca.