Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Este sábado celébrase o I Encontro de Corais da Eurocidade Tui-Valença
    A igrexa de San Domingos acolle este sábado ás 21.30h o I Encontro de Corais da Eurocidade no que van participar máis de 160 coralistas pertencentes a agrupacións, tres de Tui e dúas de Valença. Con este evento as dúas cidades seguen a tender pontes neste caso musicais.
    Participarán cinco agrupacións corais as tudenses San Telmo, Ponte das Febres de Ribadelouro, e a do Centro Sociocomunitario e as valencianas de Verdoejo e San Teotonio.
    5 min
  • O Rosal, Tomiño e Salceda participan na IX Limpeza simultánea do ríos en 44 concellos galegos
    Este domingo, 2 de outubro, ten lugar a IX limpeza simultánea de ríos do proxecto ríos, un programa de educación e voluntariado ambiental que ten como obxectivo dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais. Buscase tamén amosar as súas problemáticas e fomentar iniciativas que permitan o mantemento e mellora dos ríos coa participación da cidadanía.
    Esta novena edición de “Móllate polos ríos”, que se celebra en 44 concellos de toda Galicia, contará coa participación, aquí na nosa comarca, de voluntarios en O Rosal e Tomiño, amais de Salceda de Caselas.
    5 min
  • Cerveira acolle o Simposio Internacional de Escultura do Miño
    Reforzar os lazos de amizade entre Cerveira e Tomiño a vez que se apoia a creación artística fora dos museos. Esa é a premisa fundamental do II Simposio Internacinal de Escultura do Miño que está a celebrarse en Cerveira.
    En total, traballan catro escultores chegados de diferentes continentes. Son os taiwaneses Lee Zih-Cing e Teng Shan-chi, o colombiano Fernando Pinto e a búlgara Liliya Pobornikova. As obras teñen un tamaño medio de 2 metros cúbicos e servirán para adornar as prazas de Cerveira e Tomiño.
    Os artistas estarán traballando no baluarte de Cerveira até o 12 de outubro durante a semana e as fins de semana.
    3 min
  • O Porriño celebra este domingo a 23ª Festa dos Callos
    Corenta hostaleiros participarán na vixésimo terceira edición da Festa dos Callos de Porriño que se espera rache tódolos récords de participación e supere a xa exitosa edición do ano pasado cando a pesares do mal tempo se venderon máis de 15.000 racións.
    Este ano, o custe da tapa e o pan será de 4€ e inclúe unha cazola conmemorativa desta edición que se celebra o domingo.
    3 min
  • Tomiño busca nome para o seu instituto
    Dentro do programa Educación da boa o Concello de Tomiño inicia o día 3 unha iniciativa para porlle nome ao seu instituto. Búscase tamén pór en valor a educación pública e incrementar a conexión coa sociedade. Prográmase un ciclo de conferencias co lema "Qué queres ser de maior?" e reforzarase a presenza do centro en redes sociais.
    3 min
  • Este xoves a corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario
    A aprobación da conta xeral de 2015, as liñas fundamentais do orzamento de 2017, a modificación da ordenanza de convivencia en espazos públicos e a designación dos festivos locais para 2017 están entre os asuntos que este xoves tratará a corporación municipal de Tui en pleno. O alcalde, Enrique Cabaleiro, comentou estes temas en declaracións á Radio Municipal de Tui.
    4 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…