Enrique Miguez, José Ignacio Bugarín, Jacobo Moroño, Pedro Area, Jesús González, Frank Casañas e agora tamén Óscar Carrera. Todos eles levan o nome de Tui polo mundo grazas a súa participación nunhas Olimpíadas.
Hoxe, nunhas horas, arrancan oficialmente os primeiros xogos olímpicos que teñen lugar no continente suramericano. E Tui estará representado por dous dos seus atletas máis internacionais. Volve Frank Casañas co lanzamento de disco, e Óscar Carerra, que participará en K-4 1000 metros.